Mostrando entradas con la etiqueta CIM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CIM. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de marzo de 2026

CONCURSO "ENCHEMOS DE COR A MANCOMUNIDADE"

Parabéns ao noso alumno Brais, de 4º de EI, que foi elixido como gañador, na súa categoría, no concurso “Enchemos de cor a Mancomunidade”, organizado polo CIM de Santa Águeda.

Parabéns tamén a todo o alumnado participante polo seu esforzo e ilusión. Se clicades na imaxe accederedes á publicación do CIM cos gañadores do concurso.

viernes, 28 de noviembre de 2025

OBRADOIRO CIM: PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA

Dentro das actividades programadas polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria participou nun obradoiro coa visita dunha psicóloga do Centro de Información á Muller de Santa Águeda.

 Durante a sesión, traballamos arredor do conto "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa", unha historia que axuda a identificar sinais de violencia e a poñer en valor o respecto, a autoestima e a importancia de pedir axuda.

lunes, 10 de marzo de 2025

O PAIS DOS MANDÓNS

No marco da celebración do 8 de marzo, o alumnado de 2º e 3º de Primaria participou nunha actividade especial desenvolvida polo CIM de Santa Águeda, na que traballaron sobre o libro "O País dos Mandóns". A través da lectura os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia da igualdade e a necesidade de construír un mundo máis xusto para todas as persoas.

Para rematar a actividade propuxemos as nosas "novas leis" baseadas na igualdade, o respecto e a colaboración.

Esta iniciativa permitiulles non só comprender mellor o significado do Día Internacional da Muller, senón que os fixo protagonistas do cambio cara a unha sociedade máis igualitaria. 

Se clicades na imaxe, accederedes ás fotos da actividade.

martes, 21 de noviembre de 2023

25-N Actividade desenvolvida polo CIM

Hoxe tivemos a visita de dúas representates do CIM (Centro de Información ás Mulleres) da comunidade de Santa Águeda para levar a cabo unha actividade por mor do 25N.

Nela participaron os alumnos e alumnas do primeiro ciclo de EP. Primeiro leron o documento "Nin un biquiño á forza" que casualmente tamén é o libro que estamos a traballar en todos os cursos do centro (infantil e primaria) durante esta semana para traballar sobre o día contra a violencia contra a muller.

A continuación fixeron varias actividades coa rapazada encamiñadas a concienciar sobre o tema que nos ocupa ademáis de tamén previr posibles abusos ou maltrato infantil. 

Grazas por visitarnos!!