Mostrando entradas con la etiqueta baile. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta baile. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de enero de 2026

CELEBRAMOS A PAZ

O CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo celebrou o Día Escolar da Non Violencia e da Paz cunha actividade simbólica e moi emotiva, centrada na unión, o respecto e a convivencia entre culturas.

En primeiro lugar o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria leu un manifesto sobre a paz e como está na actualidade.

A continuación a metade do alumnado realizou un baile tradicional palestino e a outra metade un baile israelí, como mostra de que o entendemento e a paz son posibles desde a diversidade e o recoñecemento mutuo.

Despois destas coreografías, todo o colexio cantou xunto unha versión da canción Imagine en galego, castelán e inglés, unha interpretación que simbolizou a unión de voces por un mundo máis xusto e sen violencia.

Como peche e sorpresa final, todo o alumnado e profesorado bailou ao ritmo da canción Ama, ama y ensancha el alma.

Podes ver as imaxes desta xornada tan especial clicando na seguinte fotografía do mural conxunto que fixeron todos os alumnos e alumnas do centro.

martes, 27 de mayo de 2025

Celebramos as Letras Galegas con "Danza na Praza" e bailando no patio

O día 13 de maio, para conmemorar o día das Letras Galegas deste curso, o alumnado de 2º e 3º ciclo participou nunha actividade organizada na Praza Maior de Ourense onde participaron máis de 300 escolares de centros de Ourense, A Valenzá, Verín, O Barco e  Chantada. A actividade estivo organizada polos docentes de música en colaboración co CFR de Ourense guiados por Artur Puga, percusionista, bailarín e coreógrafo.

Bailaron danzas de roda tradicionais e cantaron cantigas galegas acompañados por un grupo de pandereteiras e gaiteiros. Remataron bailando Foliada con Artur Puga. 

E como, todos no cole, aprendemos os bailes o venres 16 bailamos todos xuntos no patio todas as danzas tradicionais traballadas.

Para ver as imaxes, clicade no seguinte enlace:  DANZA NA PRAZA

Ademais, todos os centros participantes, levaban uns colgantes con pandeiretas feitas na impresora 3D. Quedaron chulísimas!

viernes, 2 de febrero de 2024

Poemas pola PAZ

 Aquí vos deixamos os poemas pola PAZ recitados polo alumnado do cole acompañados ao teclado pola profe Rebeca. No final do video, todos xuntos bailan A SAMBA DA PAZ.




viernes, 29 de diciembre de 2023

Festival de Nadal

O último día de curso organizamos unha xornada moi especial na que todos gozamos moito das actividades programadas.

Comezamos cun minifestival de Nadal presentado por Inés e Mateo de 5º de EP:

Todo o alumnado, coordinado pola profe Rebeca, cantou e bailou a canción "En Navidad" de Rosana.

Os primeiros en actuar foron os pequechos de infantil que o fixeron xenial.
O alumnado de primeiro bailou a canción "Llegó la Navidad" de Generación Escogida e Ozuna
O alumnado de 2º de EP coreografiou a canción "Feliz" da película "El Grinch"
O alumnado de 3º bailou coa canción dos Pica Pica "En Navidad, turrón y mazapán".
O alumnado de 4º moveu o esqueleto con Zumba Kids
Ademáis, houbo dúas coreografías preparadas por alumnado de 3º e 4º por unha banda e de 5º e 6º por outra. Son uns auténticos artistas.

Ao rematar o lecer, houbo sesión de cinema de Nadal e pola tarde comemos as uvas/gusanitos simulando as badaladas de fin de ano co seu posterior baile!! 
Pasámolo xenial!!

miércoles, 15 de noviembre de 2023

TRABALLAMOS POLO MAGOSTO

Para celebrar o Magosto no cole o día 10 fixemos as xa tradicionais carreiras de San Martiño que debido ao tempo tivemos que realizalas no pavillón. A continuación todos xuntos cantamos e bailamos " A canción do Magosto" de 13 Lúas antes de pasar a unha rolda de xogos populares das que todos gozamos moito. Se clicades na foto, poderedes acceder a todas as fotos do día. 😀

Ademáis as diferentes clases traballaron a reo durante toda a semana con diferentes creacións moi orixinais e tradicionais para festexar esta data 🎉🎉. Aquí vos deixamos as fotografías.




lunes, 6 de febrero de 2023

Día da Paz

 O día 30 xaneiro celebramos no colexio o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz". Como xa anunciamos no post anterior, entre todos os nenos e nenas do cole pintamos unha gran pomba da paz  que nos serviu de escenario para as actividades que desenvolvemos:

- Cada neno decorou unha capa cunha mensaxe para a PAZ que despois dixeron diante de todos. Neste vídeo resumo podedes ver as actividades realizadas neste día.

- Elaboraron un antifaz de pomba para bailar a canción "Libertad" de Neil Moliner que podedes ver no seguinte vídeo: 

- O alumnado de 2º e 3º ciclo  interpretou a canción "SOMOS":