O día 13 de maio, para conmemorar o día das Letras Galegas deste curso, o alumnado de 2º e 3º ciclo participou nunha actividade organizada na Praza Maior de Ourense onde participaron máis de 300 escolares de centros de Ourense, A Valenzá, Verín, O Barco e Chantada. A actividade estivo organizada polos docentes de música en colaboración co CFR de Ourense guiados por Artur Puga, percusionista, bailarín e coreógrafo.
Bailaron danzas de roda tradicionais e cantaron cantigas galegas acompañados por un grupo de pandereteiras e gaiteiros. Remataron bailando Foliada con Artur Puga.
E como, todos no cole, aprendemos os bailes o venres 16 bailamos todos xuntos no patio todas as danzas tradicionais traballadas.
Para ver as imaxes, clicade no seguinte enlace: DANZA NA PRAZA
Ademais, todos os centros participantes, levaban uns colgantes con pandeiretas feitas na impresora 3D. Quedaron chulísimas!


No hay comentarios:
Publicar un comentario