Mostrando entradas con la etiqueta experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta experimentos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de diciembre de 2025

RESUMO DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Como xa sabedes, duurante o mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca do Faragullas, unha proposta para espertar a curiosidade científica do alumnado a través da experimentación e o xogo.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, que forma parte do equipo de colaboradores da biblioteca, foi o encargado de preparar e explicar diferentes experimentos ao resto dos compañeiros e compañeiras durante os recreos.

Unha experiencia enriquecedora na que compartiron coñecementos, asumiron responsabilidades e, sobre todo, fixeron que a ciencia fose divertida e accesible para todos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo:

Se facedes click na seguinte imaxe accederedes a algunhas das fotos da actividade:

jueves, 13 de noviembre de 2025

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!

Desde a Biblioteca do Faragullas, sumámonos a esta iniciativa e en colaboración co alumnado voluntario de 5º e 6º organizamos unha serie de experimentos para levar a cabo nos leceres deste mes.

Todo o alumnado de Primaria poderá acudir a biblioteca no lecer para desfrutar dos experimentos escollidos para celebrar este mes. 

O alumnado de infantil terá unha sesión especial co alumnado voluntario ao remate do mes para que poidan gozar tamén da ciencia en galego na biblioteca.

domingo, 26 de noviembre de 2023

Experimentos no mes de Novembro (Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas)

 Ao longo de todo este mes de novembro, o alumnado de 5º e 6º realizou diversos experimentos con motivo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. 

Comezaron estas sesións cantando a canción do método científico:


Aquí vos deixamos os diferentes experimentos para que poidades intentalos na casa!!!


Aquí vai o seguinte:
E un pequeno vídeo co resultado:


E para finalizar esta rolda de experimentos, aquí vos deixamos outro con auga:

jueves, 23 de noviembre de 2023

FACEMOS NEVE!!

 Hoxe, o alumando de 1º de EP acudiu á Biblioteca do Faragullas para realizar un experimento dentro do mes de novembro declarado como mes da ciencia en galego nas bibliotecas. 
E fixeron NEVE:

jueves, 16 de junio de 2022

EXPOSICIÓN PDI O ESPAZO

 O pasado mércores realizouse unha exposición/obradoiro relacionada co Espazo. Esta actividade culmina o PDI que estivemos levando a cabo todo o ano. Tanto o alumnado como o profesorado divertiuse aprendendo variedade de cousas sobre o Espazo.

Como remate do proxecto, esta exposición estivo dividida en sete recantos polos que foi pasando cada grupo-clase ao longo do día.

1. PLANETARIO: O noso Sistema Solar colgaba do teito e ao carón estaban as características tanto de cada planeta coma do Sol e da Lúa. Neste obradoiro o alumnado de Infantil xogaba a un Bingo Espacial no que repasaban todo o vocabulario que aprenderon neste curso. O alumnado de Primaria completaba unha misión espacial na que tiñan que ir buscando as respostas a unhas preguntas: cando respondían correctamente dábaselle a peza dun puzzle que tiñan que completar ao remate: Diversión asegurada!



2. ESPAZO DIXITAL: Neste recuncho había colocados uns códigos QR cos que o alumnado accedía a varias aplicacións: nunhas podían ir creando un planeta e noutras a través da Realidade Aumentada seguían coñecendo diferentes curiosidades sobre o espazo. Contaban con seis tablets e tres ordenadores nos que podían coñecer máis datos da Terra a través de Google Earth. 

3. ARTENAUTAS MUSICAIS: A onde te leva esta música? A música "espacial" soaba e o alumnado ía pintando nuns lenzos o que lle transmitía a melodía. Quedaron verdadeiras obras de arte. 

4. VIAXANDO AO ESPAZO: Este recuncho estaba formado por un gran foguete que nos serviu de photocall polo que pasou todo o alumnado e tamén estaban expostos os foguetes que fixeron todos os nenos e nenas do cole. Ademáis, un astronauta espido esperábaos para que o axudasen a vestilo coas diferentes partes do seu traxe espacial (parte e nome).

5.. CONTOS ESPACIAIS: Nesta pequena biblioteca o alumnado ía lendo os diferentes contos espaciais cooperativos que se elaboraron polo Día do Libro en cada grupo-clase. Ademáis tamén había diferentes contos e libros informativos sobre o espazo.

6. EXPERIMENTOS: Neste recuncho o alumnado foi realizando diferentes experimentos e manualidades. Fixeron bolsas sensoriais espaciais, tarros que contiñan o espazo e diferentes constelacións con tiza, escarvadentes e plastilina. Ademáis podían xogar con foguetes móbiles ao redor dos planetas e crear cráteres lunares a partir de rochas e fariña. Encantoulles! 






7. XOGO ESCORNAUTA: Adaptación do xogo "Escornapirata" co que, por equipos e cun taboleiro como base, tiñan que chegar ao planeta Amoeiro evitando os diferentes obstáculos que lles poñían os rivais. Aquí tedes un pequeno vídeo dos escornautas intentando chegar ao seu destino.