Como xa sabedes, duurante o mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca do Faragullas, unha proposta para espertar a curiosidade científica do alumnado a través da experimentación e o xogo.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, que forma parte do equipo de colaboradores da biblioteca, foi o encargado de preparar e explicar diferentes experimentos ao resto dos compañeiros e compañeiras durante os recreos.
Unha experiencia enriquecedora na que compartiron coñecementos, asumiron responsabilidades e, sobre todo, fixeron que a ciencia fose divertida e accesible para todos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario