lunes, 13 de mayo de 2024
viernes, 11 de febrero de 2022
Dia internacional da muller e a nena na ciencia
Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e desde a Biblioteca do Faragullas fixemos unha selección de obras que teñen moito que ver con este día. O alumnado pode consultar nestes libros información sobre diferentes mulleres científicas da historia e tamén actuais. No lecer, o alumnado do 3º ciclo estivo investigando sobre varias delas.
E para que sigades investigando sobre grandes científicas galegas deixámosvos este enlace no que aparecen 21 científicas galegas que tedes que coñecer:
sábado, 27 de noviembre de 2021
Celebración do 25N
Despois de moito traballar nas diferentes aulas e na biblioteca, celebramos o 25N coas seguintes actuacións:
- Montaxe do xardín do BO TRATO enchendo os corredores do colexio con todas as flores elaboradoas polo alumnado e profesorado do centro.Se picades na imaxe, accederedes ao resto de fotos da celebración.
- Reconstrucción do conto "O chuvasqueiro de Aurora". O alumnado de Infantil e 1º e 2º de EP encargouse de ilustralo e o alumnado de 3º e 4º de EP de narralo.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º de EP interpretou a canción de Aitana, "Ni una más" facendo un espectacular teatro de sombras.
domingo, 14 de noviembre de 2021
Preparación do 25 Novembro
Acércase o día 25N, e xa podedes desfrutar, na entrada da biblio, dunha selección de lecturas relacionadas co día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Ademáis, Faragullas anímavos a todos a pasar pola biblioteca nos leceres para decorar a vosa flor para poñela no Xardín do Bo Trato que se vai plantar na entrada do colexio. Animádevos a participar!!!
lunes, 22 de marzo de 2021
AS MULLERES DA MIÑA VIDA!!
Por fin podemos presentarvos ás mulleres máis importantes da vida do noso alumnado. Cada un escribiu sobre unha ou varias mulleres da súa vida.
O resultado final estará a disposición de todos na biblioteca do Faragullas cando xa por fin, estea rematada.
Deixámovos un pequeno adianto desexando que vos guste.