miércoles, 29 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 2026

Con motivo do Día do Libro vivimos unhas xornadas moi especiais arredor da lectura.

Recibimos a visita do contacontos Caxoto Miñoto que nos agasallou coas súas historias, enchendo o centro de imaxinación, emoción e ganas de seguir lendo.

Tamén levamos a cabo os apadriñamentos lectores, nos que o alumnado maior do centro compartiu contos e historias co alumnado máis pequeno, creando un espazo de aprendizaxe, convivencia e cariño arredor dos libros.

Ademais, as familias do alumnado de Educación Infantil acudiron ao centro durante toda a semana a contarlle contiños aos máis pequenos e pequenas.

Podedes ver as imaxes destas actividades na nosa galería clicando na seguinte fotografía:

martes, 28 de abril de 2026

LIBRO COLABORATIVO ANO OTERIANO


Con motivo do día do libro, 23 de abril, e xa que estamos no ano oteriano, todo o centro elaborou un libro colaborativo sobre Otero Pedrayo e aquí tedes o resultado. 😍😍













jueves, 23 de abril de 2026

FELIZ DÍA DO LIBRO

 



Nesta semana estamos a realizar diferentes actividades para celebar o Día do Libro:

- As familias de Educación Infantil que así o desexen colaborarán co centro e virán contar un contiño aos máis cativos.

- Onte tivemos un contacontos con Caxoto Miñoto do que subiremos as imaxes moi pronto.

- Hoxe realizaremos os xa tradicionais "apadriñamentos lectores" nos que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP lle contará un conto ao alumnado máis novo do centro.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

jueves, 16 de abril de 2026

VISITA DE AUTISMO OURENSE

A biblioteca do Faragullas recibiu a visita da asociación Autismo Ourense, que levou a cabo un obradoiro dirixido a todo o alumnado.

Durante a sesión, explicáronnos que é o Trastorno do Espectro Autista (TEA) e axudáronnos a comprender mellor como perciben o mundo estas persoas.

Podes ver as imaxes desta actividade clicando na seguinte fotografía.




INICIÁMONOS NA HORTA ESCOLAR

O noso centro recibiu a visita de Edith, bióloga, que veu guiarnos nos primeiros pasos para a posta en marcha do noso horto escolar.

Durante a sesión, explicounos que tipos de plantas podemos cultivar, como facelo correctamente e cales son os coidados básicos que necesitan. 

Ademais, puxemos en práctica o aprendido: plantamos as primeiras árbores e comezamos a preparar os bancais para futuros cultivos.

Podes ver as imaxes desta actividade clicando na seguinte fotografía:


miércoles, 8 de abril de 2026

DÍA DA ÁRBORE 2026

Con motivo do Día da Árbore, todo o alumnado do centro participou nunha xornada moi especial de concienciación ambiental.

En primeiro lugar, recibimos no colexio a visita dos gardas forestais, que ofreceron unha charla sobre a importancia do coidado dos montes, a prevención de incendios e o respecto polo medio natural.

Posteriormente desprazámonos ata Rouzós, onde levamos a cabo unha actividade de plantación de árbores, contribuíndo así á conservación do entorno e aprendendo de maneira práctica o valor da natureza.

Podes ver as imaxes desta actividade na nosa galería clicando na seguinte fotografía!