viernes, 31 de marzo de 2023

Encontros PLAMBE

Para rematar o trimestre estamos en Santiago de Compostela participando nos Encontros Plambe no que estamos collendo moitas ideas para traballar na nosa biblioteca.

Comezamos con Carlos Alberto Scolari falando de IA (intelenxia artifical), seguimos con experiencias de varios centros que resultaron moi interesantes, Ellen Duthie falounos sobre "Mirar, ler e pensar na biblioteca" cos seus libro-xogos e rematamos coa gran Helena Villar Janeiro, autora de literatura infantil e xuvenil, da que temos varias obras na Biblioteca do Faragullas.
Foi un día moi enriquecedor! 

miércoles, 29 de marzo de 2023

Expositor libros proxecto A pintura: Pintores e Pintoras

Xa temos no hall de Infantil o expositor con todos os libros que se foron utilizando no PDI que estamos a realizar: A Pintura: Pintores e Pintoras. Por unha cara temos os libros informativos e pola outra temos libros de ficción pero moi relacionados co tema.

NOVIDADES PDI A PINTURA: PINTORES E PINTORAS

 Aquí vos deixamos o díptico de novidades deste curso relacionadas co PDI: A pintura: Pintores y Pintoras:


lunes, 27 de marzo de 2023

FICHA PINTOR/PINTORA

 Aquí temos as fichas que cada curso terá que cubrir do seu pintor e da súa pintora para expoñelas nas diferentes salas do museo que montaremos no mes de maio.

lunes, 20 de marzo de 2023

miércoles, 15 de marzo de 2023

II Concurso creativo de deseño de muro exterior

 Faragullas xa anuncia o II Concurso creativo de deseño para o muro exterior con motivo do próximo Día do Libro e temática do PDI: A PINTURA: PINTORES E PINTORAS!! O mural do curso pasado quedou espectacular con aportacións de varios alumnos e alumnas.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Mural curso 2021-2022

viernes, 10 de marzo de 2023

CHEA DE VIDA EN LINGUAXE DE SIGNOS (DÍA DA MULLER-8M)

Aquí temos xa o vídeo elaborado pola profe Cris a partir da canción de Guadi Galego "Chea De Vida", na que todo o alumnado do centro a interpreta con linguaxe de signos! Parabéns a todos!

miércoles, 8 de marzo de 2023

MIGALLAS: Elas pintan moito

Hoxe como xa sabedes é o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, e para celebralo no cole contamos co grupo Migallas co seu espectáculo "Elas pintan moito". Nel combínanse os contos coa música en directo baseada na obra de catro pintoras, dúas das cales estamos a traballar no noso proxecto: Xulia Minguillón e Frida Kalho. A través destas artistas abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos das vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.

Se clicades nesta imaxe poderedes ver todas as fotos do día.


8M: Día Internacional da Muller (celebración)

A parte das actividades descritas en entradas anteriores hoxe tamén cantamos e bailamos dúas cancións para celebrar o Día Internacional da Muller:

A primeira "Chea de Vida" de Guadi Galego cantámola en linguaxe de signos. A profe Cris encargouse de preparala con todo o cole e fará un video que pronto colgaremos para que vexades o bonito resultado.

A segunda "Depende de los dos" xa é un himno do cole porque a cantamos e a bailamos todos os anos por esta data. Encántanos!!!

Aquí vos deixamos os vídeos agardando que vos gusten:


Chea de vida

Depende de los dos

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (8M)

Como punto e aparte ás diferentes actividades realizadas durante estas últimas semanas para conmemorar o día de Rosalía de Castro, hoxe, coincidindo coas celebracións do 8M, o alumnado de infantil recitou o poema "Parece unha rosa" e o alumnado de 3º e 4º recitou o poema "Maio longo".

Ademáis como parte das actividades propostas por parte da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de Infantil e do 1º ciclo de Primaria traballou con xornais e revistas buscando imaxes relacionadas con sentimentos, emocións ou cousas que están a acontecer no mundo, traballando tamén así a Semana da Prensa na que estamos inmersos. Despois de recortar as imaxes, escribiron unha palabra relacionada con cada unha e decoraron o traballo final. Nos actos de celebración do día de hoxe cada un dixo a súa palabra e amosou a imaxe elixida. Nos próximos días colgaranse polos corredores.

Aquí vos deixamos os vídeos das palabras traballadas e dos recitados dos poemas.

Aula 3 e 4 anos

Aula de 4 e 5 anos 
Aula de 1º de EP
Aula de 2º de EP
Aula de 3º e 4º de EP

lunes, 6 de marzo de 2023

Decoración para o 8M

Achégase o 8M: Día Internacional da Muller e xa temos no corredor da biblioteca o noso "Recuncho Violeta" cunha selección de libros preparados para que poidades desfrutar e coñecer a moitas mulleres extraordinarias! 

Ademáis o alumnado de de EP fixo un pequeno mural de Frida Kahlo ás portas da súa clase para conmemorar e concienciar sobre este día.

Por último, os nenas e nenas de Infantil, despois dun gran debate sobre cales son os adxectivos que mellor describen as mulleres, fixeron unha montaxe coas súas caras das que saen moitos deses calificativos. Quedaron precisos!!



viernes, 3 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA

A próxima semana celébrase a Semana da Prensa: na biblioteca contaremos con diferentes xornais para traballar con eles nas diferentes titorías. Ademáis, dentro do noso PDI, temos que buscar noticias relacionadas coa Pintura e cos Pintores e Pintoras para despois expoñelas no corredor.

Ademáis como parte das actividades propostas por parte da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de Infantil e do 1º ciclo de Primaria xa comezou a traballar con xornais e revistas buscando imaxes relacionadas con sentimentos, emocións ou cousas que están a acontecer no mundo. Despois de recortar as imaxes, escribirán unha palabra relacionada con cada unha e decorarán o traballo final. Nos actos de celebración do día de Rosalía (que coincidirá co 8M), cada un dirá a súa palabra e amosorá a imaxe elixida. Nos próximos días colgaranse polos corredores.

jueves, 2 de marzo de 2023

POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO

 E seguimos traballando con Rosalía de Castro!! O alumnado de Infantil fixo un traballo precioso dunha parte do poema "Parece unha rosa" e o alumnado de 3º e 4º de EP decoraron o poema "Maio Longo". Son uns verdadeiros artistas!!

miércoles, 1 de marzo de 2023

CALDO DE GLORIA

 O Día de Rosalía de Castro foi o 23 de febreiro e nós celebrarémolo durante algúns días máis. Á exposición ás portas da biblioteca e a realización dos puzzles da poetisa, súmase agora a degustación do CALDO DE GLORIA por parte do alumnado no comedor escolar. Aquí vos deixamos algunhas fotografías da actividade pero se picades na primeira delas, podedes acceder ao resto de imaxes do día.


Ademáis, pola tarde fixemos un obradoiro-degustación de queixos Feijóo no que lles explicaron o proceso levado a cabo para a elaboración dos queixos e puidemos degustar requeixo con marmelada e queixo curado. BOÍSIMO!! Foi un día moi especial!! Se clicades nas fotos poderedes ver todas as imaxes da actividade !!