sábado, 27 de abril de 2024

Traballamos coa cortadora láser

Para inaugurar o Invernadoiro de Naturizo, convocamos un concurso entre o alumnado de terceiro ciclo para o deseño das letras e do debuxo que compoñerán a placa do nome do invernadoiro. Para elaborala en madeira, contamos cunha cortadora láser para gravar as letras e debuxo das gañadoras do concurso:

Lucía e Inés

PARABÉNS RAPAZAS!!!!

Por motivos técnicos, non conseguimos acabar a placa orixinal pero entregámoslle ao autor de Naturizo unha placa máis sinxela. 

A placa verdadeira será feita en canto contemos cos medios técnicos para poder elaborala!!

viernes, 26 de abril de 2024

Visita de Xabier Domínguez Pérez

O día 24 de abril e como acto dentro da Semana do Libro, recibimos a visita de Xabier Domínguez Pérez, escritor do que está a investigar o alumnado de infantil dentro do PDI: Escritores e escritoras dos nosos contos. Todo o alumnado do centro levou unha gran sorpresa xa que, ademais de ser escritor, tamén formou parte da nosa comunidade educativa o curso pasado: o profe Xabi ao que todos lle gardan gran cariño. 

Na visita, estivemos charlando con el e ensinándolle todo o que levamos traballado da súa figura, sobre todo de Naturizo. Estivo encantado de responder ás nosas preguntas e sentiuse gratamente sorprendido con todos os traballiños que lle amosamos.

Outra sorpresa que lle agardaba era unha dobre inauguración: por unha banda a inauguración do mural que temos na entrada dentro da actividade "Plantando árbores con pinceis" xa que Naturizo é o protagonista. Por outra  banda tamén inaugurou o Invernadoiro de Naturizo, que debido a problemas técnicos non puido lucir coa placa que lle tiñamos preparada pero que, grazas ao profe Alberto e a cortada láser, realizamos outra que tamén quedou estupenda!

Moitísimas grazas profe Xabi pola túa visita.

Esperamos que non poidas vir a visitarnos moitas máis veces!!

Se clicades na imaxe, veredes as fotos do día!

miércoles, 24 de abril de 2024

Apadriñamentos lectores 2024

E, como xa é tradición, onte con motivo do Día do Libro, realizamos os apadriñamentos lectores: os alumnos e alumnas de 3º a 6º fixeron de padriños e madriñas do alumnado máis pequeno (Infantil, 1º e 2º de Primaria) léndolle un conto e estes, agasalláronos cuns orixinais marcapáxinas!!!

Se facedes click en calquera das seguintes imaxes, poderedes acceder a todas as fotos da actividade!!





martes, 23 de abril de 2024

Recreamos os nosos contos!!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

Este curso, xa que estamos a traballar no PDI dos escritores e escritoras dos nosos contos, pedímoslle colaboración ás familias: tiñan que axudar aos seus fillos e fillas a recrear a portada dun dos seus contos favoritos e chegaron moitas portadas e todas espectaculares!!!

Aquí vos deixamos o vídeo recopilatorio destas recreacións con motivo desta celebración.

Moitísimas grazas a todos os participantes!!

Sodes uns artistas!! 😍😍👏👏

jueves, 18 de abril de 2024

Día da árbore 2024

 O día 15 de abril celebramos o Día da Árbore facendo unha andaina ata Rouzós (os pequenos foron en autobús) para plantar varias árbores, regalos coa mangueira da motobomba e colgar casiñas-niño para os paxaros. Así pasamos unha mañá desfrutando da natureza recordando a importancia do coidado do medio.

Previamente os axentes forestais déronlle unha pequena charla ao alumnado sobre como coidar a natureza e os bosques antes as distintas ameazas que se lle presentan. Foi un día moi interesante.

Se picades nas seguintes fotos poderedes acceder á todas as imaxes do día.



viernes, 12 de abril de 2024

Recreamos contos!!!

Para conmemorar o Día do Libro, pedimos a colaboración de todas as familias para que nos mandedes a portada recreada dun dos vosos contos preferidos. Deixámosvos algúns exemplos para que vos inspiren nas vosas obras!!! 

Grazas por adiantado!







lunes, 8 de abril de 2024

Obradoiro de xogos tradicionais

O pasado mércores, día 3 de abril, o alumnado de 5ºe 6º participou nun Obradoiro de Xogos Tradicionais a cargo de Lito e a Asociación cultural Xaquín Lorenzo.

Puideron aprender e desfrutar de xogos como a porca (antigo xogo similar ao hockei actual), o pino, e tamén xogos de mesa coma o muíño ou o moco.



martes, 2 de abril de 2024

En abril libros mil

Entramos no mes do libro, facendo unha selección de contos dos autores que estamos a traballar dentro do PDI: escritores e escritoras dos nosos contos. 

A exposición atópase á entrada da biblioteca e nela podedes atopar diferentes obras dos autores investigados:

Educación Infantil: Gloria Fuertes e Xabier Domínguez

1º ciclo de EP: Anna Llenas

2º ciclo de EP: Fina Casalderrey

3º ciclo de EP: Ledicia Costas