viernes, 26 de abril de 2024

Visita de Xabier Domínguez Pérez

O día 24 de abril e como acto dentro da Semana do Libro, recibimos a visita de Xabier Domínguez Pérez, escritor do que está a investigar o alumnado de infantil dentro do PDI: Escritores e escritoras dos nosos contos. Todo o alumnado do centro levou unha gran sorpresa xa que, ademais de ser escritor, tamén formou parte da nosa comunidade educativa o curso pasado: o profe Xabi ao que todos lle gardan gran cariño. 

Na visita, estivemos charlando con el e ensinándolle todo o que levamos traballado da súa figura, sobre todo de Naturizo. Estivo encantado de responder ás nosas preguntas e sentiuse gratamente sorprendido con todos os traballiños que lle amosamos.

Outra sorpresa que lle agardaba era unha dobre inauguración: por unha banda a inauguración do mural que temos na entrada dentro da actividade "Plantando árbores con pinceis" xa que Naturizo é o protagonista. Por outra  banda tamén inaugurou o Invernadoiro de Naturizo, que debido a problemas técnicos non puido lucir coa placa que lle tiñamos preparada pero que, grazas ao profe Alberto e a cortada láser, realizamos outra que tamén quedou estupenda!

Moitísimas grazas profe Xabi pola túa visita.

Esperamos que non poidas vir a visitarnos moitas máis veces!!

Se clicades na imaxe, veredes as fotos do día!

No hay comentarios:

Publicar un comentario