Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta festival. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de junio de 2026

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

 O noso Festival de Fin de Curso puxo o broche de ouro a un ano cheo de aprendizaxes, experiencias e momentos compartidos.

O alumnado de todas as etapas participou con ilusión nas diferentes actuacións preparadas para a ocasión, ofrecendo ao público un espectáculo cheo de música, baile, creatividade e emoción. 

Nesta publicación compartimos a ligazón aos vídeos das actuacións para que poidades revivir todos os momentos deste festival tan especial.

Accede á ligazón e desfruta das actuacións do noso alumnado!

Accede a ligazón e coas imaxes do festival!

lunes, 5 de enero de 2026

FESTIVAL NADAL

O último día de trimestre celebramos o Nadal con moita ilusión e participación por parte de todo o alumnado e profesorado do centro.

Comezamos cun festival de Nadal no que actuaron todas as aulas, ofrecendo cancións, bailes e representacións cheas de maxia e espírito navideño. A continuación, saímos ao Parque do Souto para cantar un panxoliña todos xuntos, levando a música e a alegría do Nadal tamén fóra das portas do colexio, e celebras cos 12 "gusanitos" da sorte o fin de trimestre.

Como sorpresa recibimos a visita especial do Apalpador, que percorreu as aulas repartindo castañas e desexos de boas festas.

Ademais,elaborouse unha árbore de Nadal xigante empregando bólas feitas coa cortadora láser cos nomes de todo o alumnado, profesorado e persoal do centro. Por outra banda, en colaboración coas familias organizouse unha exposición de bonecos de xenxibre; fixeron grandes obras de arte.


 Podes ver as imaxes e vídeos deste día tan especial picando a foto do Apalpador!

martes, 31 de diciembre de 2024

Celebramos o Nadal

E xa case remata o ano... Esta foi a postal realizada para felicitar as festas a toda a comunidade educativa elaborada a partir de dúas fotos: unha coas creacións feitas polo alumnado e as súas familias de diferentes tipos de folerpas que adornan a entrada ao colexio e outra coa árbore de Nadal decorada con diferentes motivos relacionados co 50 aniversario do centro que tamén preside a entrada ao centro.

Este curso para festexar estas datas organizamos un minifestival de Nadal: 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria organizou cadansúa coreografía que representaron no patio interior. 

- A continuación, todo o centro bailou "A Danzo do Oso".

- Finalmente pasamos ao ximnasio para poñer en escea as diferentes actuacións organizadas pola mestra de música: 

  • O alumnado de 1º e 2º representou "Can can de Offenbach"
  • O alumnado de 3º e 4º representaou "Marcha Radetzsky"
  • Coas luces apagadas todo o centro interpretou a panxoliña "Folerpiña" (o alumnado do 3º ciclo tocaba percusión) cunha posta en escea impresionante na que todo o alumnado tiña luceciñas que ía movendo ao ritmo da canción.
Para rematar o trimestre, dirixímonos ao Campo do Souto para comer as 12 uvas acompañados por moitas familias e diferentes membros da comunidade educativa. Ademais volvimos bailar a Danza do Oso e cantamos Folerpiña. Foi algo diferente pero moi especial que xuntou a toda a comunidade educativa nun acto moi emotivo e divertido.

Se clicades na postal podedes acceder a todas as imaxes e vídeos da celebración:


FELIZ 2025!

viernes, 21 de junio de 2024

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Onte celebramos o festival de fin de curso cuxo programa xa dimos a coñecer coas recomendacións lectoras para este verán.

Foi un festival moi variado, moi longo pero sobre todo moi emotivo pola despedida da nosa directora, Bea. 

- Actuación musical de infantil "Miña tía".

- Obra de teatro de 1º de EP: "O misterio do galo durmiñón"

- Playback "Os Minions" por parte de 2º de EP.

- Obra de teatro de 3º de EP: "A mosca chosca",

- Playback remix de 4º de EP.

- Playback remix de 5º e 6º de EP.

- Acrosport "The Eye of the Tiger" de 5º e 6º de EP.

- Música instrumental en directo: "Aria".

- Actuación musical de EP: Contamos ao cantar (letra e música da profe Rebeca e moi relacionada co PDI deste ano e coa despedida da profe Bea).

- Despedida da profe Bea.

- Graduación de 6º de EI.

- Graduación de 6º de EP.

- Vídeo resumo do curso 2023-2024.

LETRA DA CANCIÓN CONTAMOS AO CANTAR

Na nosa escola, contos e risas, 
camiñamos xuntos sen fronteiras.
Xuntas crecemos nunha gran familia, 
neste conto da vida, en harmonía.

Carapuchiña Vermella no bosque, a camiñar,
e o alumnado, nos pasillos a berrar.
Os irmáns Hansel e Gretel, moitos contos a inventar, 
e as profes nas súas clases tratando de ensinar.

Rapunzel no seu castelo, esperando o amor.
Nacho e Montse na cociña, morrendo de calor.
Os Bolechas cos misterios e aventuras sen fin
Lorena e as monitoras, no comedor fannos rir.

Cocorico na súa granxa, entre cantos e calor,
o claustro deste colexio, mil tarefas ao redor.
Os tres porquiños, bailando, cheos de bo humor,
igual que neste escenario hoxe o facemos nós.

E agora, tócalle a Bea, modelo de profesora,
doce anos de dirección, sempre ata última hora,
un gran exemplo de esforzo e fonte de inspiración
para quenes nos dedicamos o mundo da educación.

E agora chegou o momento de facera  despedida
onde os nosos camiños bifurcan, pero a vida continúa.
E sempre lembraremos con cariño e con afecto,
os momentos compartidos, neste querido proxecto.

Ao alumnado de 6º curso, no seu penúltimo día, 
compartindo camaradas, nesta escola tan querida.
Que non esquezan nunca, todo o que aquí aprenderon
a ser boas persoas, igual que Os tres Mosqueteiros.

E para o resto do alumnado, un desexo sinceiro e profundo:
Un gran verán lendo historias que vos leven por mil mundos,
que a volta sexa plena, con enerxía renovada
para seguir crecendo xuntos, na escola soñada.

viernes, 29 de diciembre de 2023

Festival de Nadal

O último día de curso organizamos unha xornada moi especial na que todos gozamos moito das actividades programadas.

Comezamos cun minifestival de Nadal presentado por Inés e Mateo de 5º de EP:

Todo o alumnado, coordinado pola profe Rebeca, cantou e bailou a canción "En Navidad" de Rosana.

Os primeiros en actuar foron os pequechos de infantil que o fixeron xenial.
O alumnado de primeiro bailou a canción "Llegó la Navidad" de Generación Escogida e Ozuna
O alumnado de 2º de EP coreografiou a canción "Feliz" da película "El Grinch"
O alumnado de 3º bailou coa canción dos Pica Pica "En Navidad, turrón y mazapán".
O alumnado de 4º moveu o esqueleto con Zumba Kids
Ademáis, houbo dúas coreografías preparadas por alumnado de 3º e 4º por unha banda e de 5º e 6º por outra. Son uns auténticos artistas.

Ao rematar o lecer, houbo sesión de cinema de Nadal e pola tarde comemos as uvas/gusanitos simulando as badaladas de fin de ano co seu posterior baile!! 
Pasámolo xenial!!

lunes, 19 de junio de 2023

FESTIVAL DE VERÁN

 E xa estamos rematando o curso... Hoxe celebramos o festival de verán con invitación ás familias. Foi moi variado e emotivo, se picades AQUÍ poderedes ver algunhas fotos do día.

 Houbo desde desfile primavera-verán ata acrosport pasando por obras de teatro e actuacións musicais entre as que cabe destacar a actuación sorpresa que fixeron os profes. A profe de música, Cris, adaptou a letra da canción Noche Entera ao noso centro, ao noso PDI e á nosa mestra Ana qeu se xubila. Deixámosvos aquí a actuación e aparte da letra para que poidades apreciar que gran música temos entre nós.


É martes 20 xa é fin de curso
Cantan as profes, ai menudo susto
Xa están aquí por fin as vacacións 
Botarémosvos de menos todos un montón.
Pero xa non hai máis
As portas do cole queremos pechar
Xa non nos escoitaredes berrar
Que está apretando a calor
Estamos fartos de tanto pintor.
Que si as flores de Frida,
os cadros de Mondrian,
Miró en infantil 
e Pulido un mural.
Pintamos os corredores 
E corremos arreo
Para que Antón Pulido
Vira o noso museo.

Chega o verán
Ímolo gozar
unha man arriba veña,
todos a bailar.
Bailar, bailar, bailar, bailar, aar
Todos xuntos a cantar, cantar, aaahh.
Cantarémolo en Amoeiro
O que pasa aquí o gravaremos
A profe Ana xa se vai
Non nos quere aturar máis
Non, di que non que xa currou un montón
Xa chegou, é unha mestra, mestra, mestra de admirar
Que a vida é para desfrutar, 
xa non hai que traballar máis
é o momento de descansar,
baila Ana baila
Grande Ana grande.
Chega o verán
Ímolo gozar
unha man arriba veña,
todos a bailar.
Bailar, bailar, bailar, bailar, aar
Todos xuntos a cantar, cantar, aaahh.

jueves, 15 de junio de 2023

RECOMENDACIÓNS VERÁN E PROGRAMA FESTIVAL

 Aquí vos deixamos o díptico coas "Recomendacións lectoras" para este verán no que tamén podedes consultar o programa do festival de verán que celebraremos o próximo martes 20 de xuño.

BOAS LECTURAS!!!!

BO VERÁN!!!!

jueves, 25 de mayo de 2023

Vídeos: Lingua Guapa e Versión Ao Pasar por Amoeiro

 Aquí vos deixamos os vídeos que fixo a profe Cris das cancións que cantamos este ano no festival das Letras Galegas:

LINGUA GUAPA:

AO PASAR POR AMOEIRO:

sábado, 20 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 Onte celebramos no cole o Día das Letras Galegas cun gran festival no que houbo un pouco de todo. Este ano o homenaxeado foi Francisco Fernádez del Riego cuxo retrato (elaborado polo pintor Antón Pulido) presidiu todo o festival dende o alto da parede. Nesa parede tamén fomos poñendo as palabras que aparecen na canción "Lingua Guapa", formándose un gran mural conmemorando o día das nosas letras. Por este motivo, o libro Lingua Guapa estivo presente no carriño de BIBLIOPATIO dende que comezou a saír ao patio no lecer. 

O festival foi moi divertido e tivemos varias actuacións:

- O alumnado de Infantil recitou uns divertidos refráns elaborados polas mestras relacionados cos meses do ano. Á súa vez, o alumnado de 1º e 2º de EP recitaba uns refráns populares galegos relacionados coa mesma temática. Quedou unha actuación moi orixinal!!

- O alumnado de 3º e 4º representou a obra "O casamento da Pulga e o Piollo" con final feliz para todos os convidados.

- O alumnado de 5º e 6º recitou unhas coplas elaboradas por eles mesmos nas que falaban e criticaban temas de actualidade.

- A continuación Lidia e Sara cantaron a canción "Ao pasar por Camariñas" adaptada por Elvira á "Ao pasar por Amoeiro". Acompañáronas Sarah tocando a frauta traveseira, Diego o clarinete, Izan o oboe,  Sabela e Dakota os teclados e a profe Cris tocando a guitarra. Fixeron unha versión preciosa da coñecida canción.

- Despois, todos cantamos a canción Lingua Guapa na que cada curso tiña que cantar unha estrofa concreta. Sabíana moi ben!

- Finalmente, todos xuntos, bailamos a Global Muiñeira para darlle punto final a este divertido festival.

Se picades na imaxe, poderedes acceder a todas as fotos do día e estade moi atentos porque nuns días poderemos desfrutar da canción de "Lingua Guapa" e da versión "Ao Pasar por Amoeiro".

viernes, 23 de diciembre de 2022

CELEBRANDO O NADAL

Á parte de decorar o centro nestos últimos días, o mércores e o xoves celebramos o Nadal no cole:
O mércores reunímonos todos na biblioteca para ver un vídeo do Apalpador e comentar entre todos quen é este personaxe galego do que poucos sabían verdadeiramente de quen se trataba. A profe Rosa realizou un bonito debuxo desta figura do Nadal que nos sorprendeu coa súa visita o xoves. 
Se picades no seguinte enlace podedes ver as fotos da visita do Apalpador:
O mércores tamén celebramos o noso mini festival de Nadal no patio cuberto:
- O alumnado de 5º e 6º de EP tocou e cantou a canción adaptada polo profe Xabi "É o día" a partir da canción "Waving Flag" de David Bisbal.
- A continuación tamén o fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de EP.
- Máis tarde o alumnado de 5º e 6º de EP realizou unha coreografía dun remix creado por eles mesmos.
- Por último, os nenos e nenas dos cursos máis altos fixeron acrosport guiados polo profe Miguel.
Se picades no seguinte enlace accederedes a todas as imaxes das actuacións:
Por último, o xoves, fixemos unha sesión de cinema con flocos de millo e todo!!!! Se picades no enlace podedes ver as fotografías do visionado da peli.

jueves, 23 de junio de 2022

ACTOS DE FIN DE CURSO

 E coma todos os anos, este curso chegou ao seu fin. Para celebrar o remate do mesmo organizamos dous días diferentes de actuacións e diversión.

O MARTES 21 celebramos o noso peculiar festival de fin de curso con Aitana e Andrea de presentadoras:

- 4º e 5º de Educación Infantil interpretou a canción "Eu son un artista"

- 6º de Educación Infantil interpretou con letra adaptada a canción "Mamma Mía".

- 1º e 2º de EP cantou e bailou a canción "Bajo el mismo sol"

- 3º e 4º de EP bailou a canción "Más Macarena"

- 5º e 6º fixo unha orixinal parodia da película GREASE ademáis dun par de coreografías montadas por eles mesmos.

A continuación realizáronse os actos de graduación tanto de 6º de Ed. Infantil como de 6º de Ed. Primaria. Estes últimos tiveron unhas bonitas palabras para cada un dos mestres e mestras do centro. 

Por último a ANPA do cole fixo entrega, dun xeito moi divertido, dun vale para facer un rocódromo. Se picades neste ENLACE podedes ver o vídeo do momento.

O MÉRCORES 23 adicámolo a diferentes obradoiros polo que foron pasando todos os curso do cole:

- Na biblioteca organizáronse diferentes obradoiros para cada ciclo:


- Enfronte da aula de música, bailamos coas "Cadeiras Musicais"

- No patio cuberto xogamos o pano

- No ximnasio xogamos co paracaídas

- No corredor montamos un circuito con neumáticos, aros, patinetes e carrilanas.

Para rematar asistimos ao visionado da memoria do curso elaborada polo profe Miguel (moitas grazas por ese traballón). 

Bo Verán a todos, vémonos en setembro e ...

MOITA SORTE tanto ao alumnado como ao profesorado que deixa o cole.


Moi pronto colgaremos o resto de fotos desta semana, estade atentos.