sábado, 20 de mayo de 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 Onte celebramos no cole o Día das Letras Galegas cun gran festival no que houbo un pouco de todo. Este ano o homenaxeado foi Francisco Fernádez del Riego cuxo retrato (elaborado polo pintor Antón Pulido) presidiu todo o festival dende o alto da parede. Nesa parede tamén fomos poñendo as palabras que aparecen na canción "Lingua Guapa", formándose un gran mural conmemorando o día das nosas letras. Por este motivo, o libro Lingua Guapa estivo presente no carriño de BIBLIOPATIO dende que comezou a saír ao patio no lecer. 

O festival foi moi divertido e tivemos varias actuacións:

- O alumnado de Infantil recitou uns divertidos refráns elaborados polas mestras relacionados cos meses do ano. Á súa vez, o alumnado de 1º e 2º de EP recitaba uns refráns populares galegos relacionados coa mesma temática. Quedou unha actuación moi orixinal!!

- O alumnado de 3º e 4º representou a obra "O casamento da Pulga e o Piollo" con final feliz para todos os convidados.

- O alumnado de 5º e 6º recitou unhas coplas elaboradas por eles mesmos nas que falaban e criticaban temas de actualidade.

- A continuación Lidia e Sara cantaron a canción "Ao pasar por Camariñas" adaptada por Elvira á "Ao pasar por Amoeiro". Acompañáronas Sarah tocando a frauta traveseira, Diego o clarinete, Izan o oboe,  Sabela e Dakota os teclados e a profe Cris tocando a guitarra. Fixeron unha versión preciosa da coñecida canción.

- Despois, todos cantamos a canción Lingua Guapa na que cada curso tiña que cantar unha estrofa concreta. Sabíana moi ben!

- Finalmente, todos xuntos, bailamos a Global Muiñeira para darlle punto final a este divertido festival.

Se picades na imaxe, poderedes acceder a todas as fotos do día e estade moi atentos porque nuns días poderemos desfrutar da canción de "Lingua Guapa" e da versión "Ao Pasar por Amoeiro".

No hay comentarios:

Publicar un comentario