martes, 31 de diciembre de 2024

Celebramos o Nadal

E xa case remata o ano... Esta foi a postal realizada para felicitar as festas a toda a comunidade educativa elaborada a partir de dúas fotos: unha coas creacións feitas polo alumnado e as súas familias de diferentes tipos de folerpas que adornan a entrada ao colexio e outra coa árbore de Nadal decorada con diferentes motivos relacionados co 50 aniversario do centro que tamén preside a entrada ao centro.

Este curso para festexar estas datas organizamos un minifestival de Nadal: 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria organizou cadansúa coreografía que representaron no patio interior. 

- A continuación, todo o centro bailou "A Danzo do Oso".

- Finalmente pasamos ao ximnasio para poñer en escea as diferentes actuacións organizadas pola mestra de música: 

  • O alumnado de 1º e 2º representou "Can can de Offenbach"
  • O alumnado de 3º e 4º representaou "Marcha Radetzsky"
  • Coas luces apagadas todo o centro interpretou a panxoliña "Folerpiña" (o alumnado do 3º ciclo tocaba percusión) cunha posta en escea impresionante na que todo o alumnado tiña luceciñas que ía movendo ao ritmo da canción.
Para rematar o trimestre, dirixímonos ao Campo do Souto para comer as 12 uvas acompañados por moitas familias e diferentes membros da comunidade educativa. Ademais volvimos bailar a Danza do Oso e cantamos Folerpiña. Foi algo diferente pero moi especial que xuntou a toda a comunidade educativa nun acto moi emotivo e divertido.

Se clicades na postal podedes acceder a todas as imaxes e vídeos da celebración:


FELIZ 2025!

No hay comentarios:

Publicar un comentario