Como xa sabedes, o domingo 24 de outubro celebrouse o día das Bibliotecas Escolares e no colexio celebrámolo o xoves 21 coa visita de Diego O Calvorota e o seu espectáculo "Un rato máxico": un show interactivo de maxia educativa onde mestura o ilusionismo co contacontos e os títeres, fomentando a imaxinación e a participación, co obxectivo fundamental de animación á lectura. Así foinos contando varios contos: Nube Branca quere ser astronauta, O Patiño Feo, O Polbiño Darío ou O segredo de Misikuk entre outros e fíxenos uns trucos de maxia que nos deixaron abraiados.
Ademáis tamén sacou algún voluntario como podedes ver nas fotos.
Despois da súa actuación, presentamos oficialmente a Faragullas. Foi un éxito!! Aquí tedes o vídeo do momento:
A continuación, o alumnado de 3º de EP xunto coa profe Cris e os máis pequenos do cole cantaron a canción que ela mesma compuxo para a ocasión. Pronto poderedes cantala todos, ESTADE ATENTOS!
Tamén repartimos o tríptico informativo da nosa biblioteca co funcionamento e as normas da mesma.
Tamén, puxemos en marcha as "mochilas viaxeiras": un neno/a de cada curso levou a mochila correspondente para a súa casa durante dez días. Asímesmo, retomamos a actividade "O meu diario de lecturas" para poder facer unha gran exposición a final de curso con todos os diarios.
Por último cada curso sacou unha foto con Faragullas.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do día pero podedes velas TODAS no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario