domingo, 1 de noviembre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 O 24 DE OUTUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Nestes intres, a nosa biblioteca está quedando vacía para a realización da reforma pero tiñamos que celebrar este día:

  • Contos enredados
  • Vídeos familias Ed. Infantil.
  • O meu diario de lecturas
  • Recoméndoche.

Como o tempo acompañou e para garantir as medidas de distancia e seguridade celebrámolo no patio coa escenificación duns CONTOS ENREDADOS que tiveron como protagonistas ao alumnado de 5º  e 6º de Primaria. Fixérono moi ben e divertiron moito ao público.

 Aquí vos deixamos algunhas fotos da celebración...










Desde o blogue de Educación Infantil, animouse ás familias a mandar un pequeno vídeo no que as familias lle leran un conto a@s nen@s, así poderíamolo desfrutar nas aulas.

Aquí tedes o enlace aos vídeos enviados:

Vídeos familias


Tamén se iniciou a proposta "O MEU DIARIO DE LECTURAS" onde o alumnado irá recollendo nunha pequena ficha (acorde á súa idade) todos os libros que lerán neste curso, para realizar a final de curso unha pequena exposición con todos os cadernos elaborados.

Aquí están as fichas de cada ciclo:






Por último, pedíuselle a todos os nenos que recomendaran o seu libro favorito aos seus compañeiros a través dun pequeno debuxo da portada do libro. Pronto vos ensinaremos o resultado.



No hay comentarios:

Publicar un comentario