O pasado venres, o alumnado de primaria do noso cole, desprazouse ata o Campo do Souto para participar na iniciativa "A Postalería da Vía da Prata" enmarcada dentro do proxecto O Teu Xacobeo, da Xunta de Galicia que busca compartir a beleza da Vía da Prata a través do envío gratuíto de postais.
O alumnado achegouse ao Campo, elexiu unha postal, escribiu a súa mensaxe e enviouna de forma totalmente gratuíta desde a caixa de correos habilitada na propia instalación.
O proxecto dispón dun panel expositor con 24 postais deseñadas a partir do traballo do fotógrafo Adolfo Enríquez, que amosan paisaxes, oficios e tradicións vinculadas á Vía da Prata.
Unha experienica para compartir, aprender e levar un anaquiñdo Camiño moito máis alá da Vía da Prata. Clicando no seguinte enlace podemos ver un vídeo resumo da xornada e clicando na seguinte fotografía accederemos a algunas imaxes do día.

