sábado, 29 de octubre de 2022

SAMAÍN

 Hoxe festexamos Samaín no cole. Ademáis da gran exposición de PANTASMAS (clicade e verédela), organizamos unha gran busca do tesouro.

Comezamos no patio das filas, facendo grupos mixtos nos que había alumnado de todas as clases que levaban as chapas identificativas que estiveron elaborando as colaboradoras da biblioteca nesta semana:

Os grupos eran os seguintes:
1. VASOIRAS
2. PANTASMAS
3. SOMBREIROS
4. CABAZAS
5. CAVEIRAS
6. MORCEGOS
7. POTES

En cada grupo había un Capitán, un Secretario e un Encargado das Chapas. Cada grupo tiña que pasar polos sete obradoiros que estaban organizados selando en cada un deles a "compostela" que levaban, para poder conseguir no obradoiro final a chave que podería abrir a caixa secreta. 

Os obradoiros eran:

1. Cadeiras musicais


2. Manualidade "Monstro" na biblioteca


3. Tatuaxes

4. Experiencias TICrroríficas


5. Contacontos de medo no que os pequenos lle leron os pequenos contos aterradores da biblioteca e o alumnado de 2º leulle ao resto do seu grupo o conto que eles mesmos elaboraron durante esta semana. Quedoulles moi divertido!!


6. Coreografías aterradoras

7. Xogos de Samaín 


Cando todos os grupos tiveron a súa chave, volvimos a xuntarnos no patio cuberto para tentar abrir a caixa que contiña pistas para adiviñar a temática do PDI deste curso.


Dentro da caixa había unha paleta, pinceis, pinturas e cadros en minituara, polo que, non tardaron en descubrir que o PDI deste curso será "A pintura: pintores e pintoras".  
E para comezar co proxecto en Samaín, que mellor que facer un "photocall" co cadro "O GRITO" de Munch. Todo o alumnado pasou por el e quedaron uns cadros espectaculares. 

Temos que agradecerlle á profe ROSA o seu gran traballo facendo a réplica: 
MOITAS GRAZAS!! 😀😀

Por último proclamáronse os gañadores e gañadoras do Concurso de Relatos de Terror no que participou o alumnado de 2º e 3º ciclo aos que se lle deu tamén un pequeno agasallo:

 Daniel, Inés, Sarah e Lidia. 
PARABÉNS A TODOS!!! 👏👏👏

No hay comentarios:

Publicar un comentario