jueves, 25 de febrero de 2021

Recuncho Pequechef

O alumnado de Educación Infantil xa comezou a traballar no proxecto Pequechef. Cada unha das dúas aulas de infantil xa conta co seu recuncho Pequechef no que se expoñen diferentes libros relacionados coa temática, novas recollidas dos medios de comunicación, fotografías de cociñeiros moi coñecidos e diferentes creacións que o alumnado vai realizando. 

Tamén visionaron a película Ratatouille que ten moito que ver co noso proxecto Pequechef e que lles encantou.




No hay comentarios:

Publicar un comentario