viernes, 1 de mayo de 2026

INVESTIGAMOS COA PRENSA

No mes de abril, o xornal Nós, publicou un coleccionable sobre Ramón Otero Pedrayo "Nación Otero". Desde o centro adquirimos todos os números e traballamos arreo nas súas páxinas para seguir coas nosas investigacións acerca de Don Ramón.

Tamén traballamos co material complementaria de LA REGIÓN:

Ademais, na porta da aula de 6º temos as diferentes novas que fomos atopando na prensa que tamén nos serviron de fontes documentais e coas que organizamos unha pequena exposición na súa honra. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario