martes, 1 de junio de 2021

DIGICRAFT!!

Aquí temos a primeira actividade feita na biblioteca dentro do programa "DIGICRAFT en tu cole". Ata o de agora o alumnado participante (5º e 6º) realizaba as actividades na aula pero agora xa poden empregar a biblioteca para realizalas.







    Ata este momento, todas as actividades relacionados con programa DIGICRAFT realizábanse na aula. O centro foi seleccionado para formar parte deste programa este curso e o que vén e tanto o alumnado como o profesorado está moi ilusionado. Divírtense aprendendo, están mellorando as súas competencias dixitais e tamén se están iniciando na robótica. Aquí vos deixamos algunhas das actividades realizadas antes da reapertura da bibioteca.











No hay comentarios:

Publicar un comentario