martes, 14 de noviembre de 2023

ESTANTES NOVOS E ACTUALIZACIÓN DA SINALIZACIÓN NA BIBLIOTECA

O mes pasado chegaron os estantes altos que necesitábamos para rematar de amoblar a parede que está á dereita da porta. Así, cambiáronse os mobles baixos nos que estaban os recursos de inglés (infantil e 1º ciclo) e os de galego (1º ciclo) por uns estantes altos.

Nestes novos estantes temos centralizados nunha columna completa de andeis, os fondos en inglés (á dereita) e en dúas columnas completas á esquerda, os fondos de banda deseñada para todos os cursos. Na parte superior central temos todos os fondos catalogados dentro da CDU 5 (Matemáticas. Ciencias Naturais) e na parte inferior os recursos destinados ao primeiro ciclo de primaria.

Deste xeito, ao quitar inglés e banda deseñada para o 2º e 3º ciclo dos outros estantes, queda máis espazo tanto para estos ciclos como para as seccións de fondos informativos que se atopan nesa parede que tamén reubicamos ordenándoos de forma vertical en vez de horizontal quedando máis visibles as diferentes seccións.

Ademáis, cambiamos a sinalización das diferentes zonas para facilitar o acceso a todos os usuarios da biblioteca xa que, agora é moito máis fácil e funcional atopar os fondos que se precisen.

Estas dúas imaxes son da biblioteca como estaba antes e as seguintes amosan a biblioteca actual. 

A desfrutala!

ANTES:


AGORA:



NOVA SINALIZACIÓN:




No hay comentarios:

Publicar un comentario