No noso centro celebramos conxuntamente varias conmemoracións moi importantes: o 8M -Día Internacional da Muller, o Día de Rosalía de Castro, a Semana da Prensa, o Día da Muller e a Nena na Ciencia e o Ano Oteriano.
Para traballar estas datas tan significativas, cada aula investigou unha ou varias destas conmemoracións. Co resultado do seu traballo elaboramos un xornal escolar, que foi presentado ao resto do alumnado nunha exposición na que cada clase compartiu a súa parte.
Se clicades na seguinte imaxe, podedes acceder a versión dixital do xornal "As Novas do Faragullas".
Se clicades AQUÍ accederedes a un vídeo resumo da presentación do xornal.
Ademais, con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, creamos este fermoso vídeo dentro das actividades organizadas para conmemorar esta data.
Nesta iniciativa participou o alumnado do centro xunto con algunhas das mulleres máis importantes das súas vidas, nunha actividade pensada para recoñecer o seu papel, a súa forza e a súa importancia na nosa sociedade.
Se clicades na seguinte imaxe, podedes ver o vídeo completo.
Se clicades NESTE ENLACE accederedes ás fotografías e videos do día.


No hay comentarios:
Publicar un comentario