CALDO DE GLORIA 2025
O próximo 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. Por este motivo, todo o alumnado baixou a primeira hora ao comedor para descubrir O Caldo de Gloria, un prato humilde pero cheo de historia.
O noso equipo de cociña amosoulle paso a paso como se prepara esta receita tradicional, inspirada no poema de Rosalía recollido en Follas Novas. Con ingredientes sinxelos e moito agarimo, explicou o significado deste caldo na cultura galega e na obra da autora. Despois da súa elaboración, todo o centro degustou o Caldo de Gloria na hora de comer.
Estaba boísimo. Grazas por todo, Esteban e Teresa.
Se clicades na imaxe accederedes a todas as imaxes do día:
No hay comentarios:
Publicar un comentario