domingo, 8 de febrero de 2026

MANDADOS DO MECO

E coma todos os anos chega o Entroido cos "Mandados do Meco": 

LUNS: 

Se no colexio queres entrar, 

sombreiro de palla ou pano has de levar.

MARTES: 

Viste mandil ou roupa de aldea, 

que hoxe traballamos arrea.

MÉRCORES:

Se elegante queres ser, 

camisa de cadros ou chaleco has de poñer.

XOVES:

Se os pés non queres mollar, 

botas ou zocos has de calzar.

VENRES:

E xa para rematar...

co teu disfraz vas impresionar!

OBRADOIRO DE ENTROIDO

E coa chegada do Entroido chega un obradoiro de máscaras ao que estades todos e todas convidados. Terá lugar esta semana no lecer da mañá na Biblioteca do Faragullas.
Animádevos a participar!!

CARICATURAS OTERO PEDRAYO

 Esta semana, con motivo do día da Ilustración, tivemos obradoiro de caricaturas de Otero Pedrayo na Biblioteca do Faragullas e quedaron unhas obras de arte preciosas.

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES!

Se clicades nalgunha das seguintes imaxes, poderedes acceder ás fotografías do día.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedraioamoeiro/galeria/thumbnails.php?album=73

viernes, 6 de febrero de 2026

GAÑADORES E GAÑADORAS DO TORNEO DE XOGOS DE MESA

Hoxe coñecemos os gañadores e gañadoras do torneo de xogos de mesa que celebramos o mes pasado na Biblioteca do Faragullas. PARABÉNS A TODOS E A TODAS!

Esperamos que vos gustaran os premios e desfrutedes con eles.

Se clicades na imaxe poderedes acceder ás fotos dos gañadores e gañadoras.


Queremos dar tamén un agradecemento especial a Daniel, por ser el o que organizou e dirixiu todo o torneo. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TÚA LABOR!!

sábado, 31 de enero de 2026

CELEBRAMOS A PAZ

O CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo celebrou o Día Escolar da Non Violencia e da Paz cunha actividade simbólica e moi emotiva, centrada na unión, o respecto e a convivencia entre culturas.

En primeiro lugar o alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria leu un manifesto sobre a paz e como está na actualidade.

A continuación a metade do alumnado realizou un baile tradicional palestino e a outra metade un baile israelí, como mostra de que o entendemento e a paz son posibles desde a diversidade e o recoñecemento mutuo.

Despois destas coreografías, todo o colexio cantou xunto unha versión da canción Imagine en galego, castelán e inglés, unha interpretación que simbolizou a unión de voces por un mundo máis xusto e sen violencia.

Como peche e sorpresa final, todo o alumnado e profesorado bailou ao ritmo da canción Ama, ama y ensancha el alma.

Podes ver as imaxes desta xornada tan especial clicando na seguinte fotografía do mural conxunto que fixeron todos os alumnos e alumnas do centro.

miércoles, 28 de enero de 2026

FRONTEIRAS DE PAPEL

 Unha das actividades organizadas para conmemorar o Día da Paz, correu a  cargo do alumnado de 6º de Educación Primaria que presentou o kamishibai ás aulas de Primeiro Ciclo. Narraron o conto "Fronteiras de papel", que nos lembra as dificultades que sofren moitos migrantes na actualidade. 

Ademais disto os máis pequenos foron agasallados cunha pomba da Paz feita mediante papiroflexia. 

Se clicades na imaxe accederedes ás fotografías do día.  

martes, 27 de enero de 2026

PROGRAMA AXIA

O alumnado de 1º e 2º de Educación  Primaria participou, o pasado xoves día 22, nunha actividade dentro do programa AXIA, unha iniciativa gratuíta da Fundación Meniños que promove a saúde mental e o bo trato desde as primeiras idades.

AXIA é unha aventura educativa inmersiva que transforma as aulas en espazos de respecto, coidado e convivencia positiva, para fortalecer o benestar emocional da infancia.

Podes ver as fotos desta actividade clicando na seguinte imaxe!