O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria participou, o pasado xoves día 22, nunha actividade dentro do programa AXIA, unha iniciativa gratuíta da Fundación Meniños que promove a saúde mental e o bo trato desde as primeiras idades.
AXIA é unha aventura educativa inmersiva que transforma as aulas en espazos de respecto, coidado e convivencia positiva, para fortalecer o benestar emocional da infancia.
Podes ver as fotos desta actividade clicando na seguinte imaxe!
No hay comentarios:
Publicar un comentario