Unha das actividades organizadas para conmemorar o Día da Paz, correu a cargo do alumnado de 6º de Educación Primaria que presentou o kamishibai ás aulas de Primeiro Ciclo. Narraron o conto "Fronteiras de papel", que nos lembra as dificultades que sofren moitos migrantes na actualidade.
Ademais disto os máis pequenos foron agasallados cunha pomba da Paz feita mediante papiroflexia.
Se clicades na imaxe accederedes ás fotografías do día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario