Aquí vos deixamos o mural rematado co logo gañador!!
lunes, 9 de junio de 2025
domingo, 8 de junio de 2025
EXPOSICIÓN FINAL PDI 50 ANIVERSARIO
EXPOSICIÓN FINAL PDI 50 ANIVERSARIO
Aquí vos deixamos as fotos da exposición final:
- Fotos dos diferentes carteis empregados na exposición elaborados empregando Canva e a cortadora láser:
LIÑA DO TEMPO
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da liña do tempo na que estivestes traballando dentro do PDI dos 50 anos do centro.
miércoles, 4 de junio de 2025
FELIZ DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Hoxe, 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e na porta da biblioteca xa temos unha selección de fondos relacionados co coidado do planeta e da natureza.
Ademais participamos na actividade Basuraleza promovida pola asociacion Save the Children. Todo o alumnado do centro saíu ao parque do Souto a recoller lixo e reflexionar sobre a importancia de manter limpo e coidado o noso entorno natural.
NOVA SINALIZACIÓN
Con axuda do profe Alberto, estamos actualizando todos os carteis da CDU da biblioteca empregando a máquina de impresión 3D.
Ainda faltan moitos, pero xa parece outra 😍
martes, 27 de mayo de 2025
Celebramos as Letras Galegas con "Danza na Praza" e bailando no patio
O día 13 de maio, para conmemorar o día das Letras Galegas deste curso, o alumnado de 2º e 3º ciclo participou nunha actividade organizada na Praza Maior de Ourense onde participaron máis de 300 escolares de centros de Ourense, A Valenzá, Verín, O Barco e Chantada. A actividade estivo organizada polos docentes de música en colaboración co CFR de Ourense guiados por Artur Puga, percusionista, bailarín e coreógrafo.
Bailaron danzas de roda tradicionais e cantaron cantigas galegas acompañados por un grupo de pandereteiras e gaiteiros. Remataron bailando Foliada con Artur Puga.
E como, todos no cole, aprendemos os bailes o venres 16 bailamos todos xuntos no patio todas as danzas tradicionais traballadas.
Para ver as imaxes, clicade no seguinte enlace: DANZA NA PRAZA
Ademais, todos os centros participantes, levaban uns colgantes con pandeiretas feitas na impresora 3D. Quedaron chulísimas!


























