Hoxe, 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente e na porta da biblioteca xa temos unha selección de fondos relacionados co coidado do planeta e da natureza.
Ademais participamos na actividade Basuraleza promovida pola asociacion Save the Children. Todo o alumnado do centro saíu ao parque do Souto a recoller lixo e reflexionar sobre a importancia de manter limpo e coidado o noso entorno natural.
Se clicades na seguinte imaxe accederedes a outras fotos do día.


No hay comentarios:
Publicar un comentario