viernes, 16 de mayo de 2025
jueves, 15 de mayo de 2025
Xornada Educación Vial
Dedicamos unha xornada completa a traballar a seguridade vial dunha forma práctica e moi entretida. Contamos coa colaboración da Garda Civil e da Protección Civil do Concello de Amoeiro, que fixeron posible unha actividade educativa e divertida a partes iguais.
O noso alumnado recibiu, por parte da Xefatura Provincial de Tráfico, formación adaptada sobre normas básicas de circulación, comportamento seguro na vía pública. Ademais, puideron coñecer de preto os vehículos da Garda Civil.
Para poñer en práctica o aprendido, habilitouse un circuito vial no que nenos e nenas practicaron coas súas bicicletas, patinetes e patíns, aplicando as normas e sinais de tráfico traballadas durante a mañá.
martes, 13 de mayo de 2025
Saída de fin de curso
Os días 8 e 9 de maio vivimos unha excursión que difícilmente esqueceremos. Visitamos FervenzAventura, un parque multiaventura situado en Silleda, onde o noso alumnado gozou dunha experiencia completa en contacto coa natureza.
Durante a xornada, participaron en actividades como senderismo, escalada, tirolina, bailes, contacto con animais, obradoiros de pan e chaveiros, e tamén nunha aula da natureza onde aprenderon curiosidades do medio que nos rodea.
Foi unha saída chea de emoción, aprendizaxe activa, compañeirismo e moitas risas. Un día para compartir, explorar e saír da rutina escolar dun xeito diferente e moi especial. Podedes ver o resto de imaxes da saída clicando na foto do pavo real que estaba entre os animais da granxa!
miércoles, 7 de mayo de 2025
Xornada con antigo alumnado e profesorado
No marco do 50 aniversario do noso centro vivimos unha xornada moi especial: antigos mestres e mestras e estudantes volveron ao colexio para compartir co alumnado actual as súas lembranzas e experiencias.
martes, 6 de mayo de 2025
NOVOS ESTANTES
Xa temos novos estantes na biblioteca!! Agora que temos a ludoteca no patio de filas. Só deixamos uns pouquiños na biblioteca e para ordenalos mercamos este moble con gabetas para telos todos colocadiños. Ademais mercamos o estante superior para albergar máis libros da sección infantil.
lunes, 5 de mayo de 2025
GAÑADORES CONCURSO PARA O LOGO DO COLE!
🎨✨ Xa temos gañadoras do concurso de logos do cole polo noso 50 aniversario !


















