jueves, 1 de mayo de 2025

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Para conmemorar este día do libro organizáronse diferentes actividades:


EXPOSICIÓN E CITAS CÉLEBRES

Fixemos un gran mural no taboleiro da biblioteca, na que cada clase elexiu e decorou tres citas célebres dos seus libros favoritos e/ou relacionadas cos libros e a lectura. Ademais, organizamos unha exposición de libros no corredor para fomentar a lectura.

BOOKFACE
O alumnado, coa axuda das súas familias, participou elixindo portadas de libros e integrándoas coa súa propia imaxe, creando fotografías orixinais nas que o límite entre realidade e ficción desaparece. A través desta proposta, non só rendemos homenaxe aos libros, senón que tamén traballamos a creatividade, a expresión artística e, por suposto, o amor pola lectura. Clicando no título accederedes ao vídeo que contén todos as creacións.


APADRIÑAMNENTOS LECTORES
Como xa é habitual, leváronse a cabo os apadriñamentos lectores. O alumnado de 3º a 6º de EP leulle un conto ao alumnado de Infantil a 2º de EP. Esta actividade fomenta non só o gusto pola lectura, senón tamén valores como a responsabilidade, a empatía e o coidado dos demais. Clicando no título da actividade ou na seguinte fotografía accederedes a todas as imaxes do día.

KNOLLING LITERARIO
Pola semana do libro realizamos unha actividade diferente, creativa e moi visual: un knolling literario! Pero... sabes que é o knolling?
knolling é unha técnica que consiste en ordear obxectos relacionados entre si sobre unha superficie plana, creando composicións visuais atractivas e organizadas. 
No noso caso, adaptámola ao mundo da lectura: cada aula escolleu un libro e preparou unha composición con obxectos que representaban un libro que lles gusta.
Podes ver todos os nosos knollings literarios na galería de imaxes clicando no título da actividade ou na seguinte fotografía. Non teñen desperdicio!

No hay comentarios:

Publicar un comentario