Dedicamos unha xornada completa a traballar a seguridade vial dunha forma práctica e moi entretida. Contamos coa colaboración da Garda Civil e da Protección Civil do Concello de Amoeiro, que fixeron posible unha actividade educativa e divertida a partes iguais.
O noso alumnado recibiu, por parte da Xefatura Provincial de Tráfico, formación adaptada sobre normas básicas de circulación, comportamento seguro na vía pública. Ademais, puideron coñecer de preto os vehículos da Garda Civil.
Para poñer en práctica o aprendido, habilitouse un circuito vial no que nenos e nenas practicaron coas súas bicicletas, patinetes e patíns, aplicando as normas e sinais de tráfico traballadas durante a mañá.

No hay comentarios:
Publicar un comentario