viernes, 12 de marzo de 2021

Día da Muller!!!

Para comezar a celebrar o Día da Muller os máis pequenos do cole deixaron a súa pegada nun novo mural do concello.




O alumnado de 3º e 4º realizou uns lapbooks ou solapeiras para coñecer mulleres pioneiras galegas empregando o libro con ese mesmo título "Pioneiras Galegas que abriron camiño"





O alumnado de 5º de EP tamén realizou uns lapbooks ou solapeiras para dar a coñecer diferentes musas cun potencial que non puideron desenvoler ou non lles foi recoñecido no seu momento. Empregaron o libro "El Despertar de las Musas"



O alumnado de Infantil traballou a igualdade co libro "Rosa y Azul" de Charo Pita.






Fixemos unha exposición con diferentes libros que temos na biblioteca que traballan a igualdade de xénero e/ou o empoderamento das mulleres.




Ademáis de todo isto, organizáronse debates, visionado de vídeos, actividades interactivas, etc. 

Por último, pedímoslle a cada un dos nenos e nenas que pensaran quen son as mulleres da súa vida, as debuxaran (ou pegaran unha foto) e escribiran por que eran tan importantes. Pronto vos ensinaremos o resultado.

Ademias, nas clases de plástica traballouse a figura da muller en diferentes creacións.







domingo, 7 de marzo de 2021

Recitando a Rosalía de Castro

 O alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria recitou os famosos versos do poema Adiós Ríos, Adiós Fontes para conmemorar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro.



jueves, 4 de marzo de 2021

Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro e este ano no cole fixemos un montón de actividades: 
  • Os alumnos/as de Infantil escribiron e decoraron un pequeno fragmento do poema "Alborada" e realizaron un retrato moi elegante da autora.
  • O alumnado de 1ºe 2º de EP escribiu e ilustrou un fragmento do poema "Adiós ríos, Adiós fontes".
  • O alumnado de 3º e 4º de EP decorou con moito colorido o retrato da autora. Ademais, a través da escritura do poema "Adiós ríos, Adiós fontes" foron perfilando o seu rostro ata quedar unha obra de arte realmente orixinal.
  • O alumnado de 5º e 6º de EP traballaron con diferentes medios audiovisuais (Genially, presentacións, etc).

Por último, todos elaboramos a bandeira de Galicia co rostro de Rosalía que nos serviu de apoio para cantar o seu famoso poema "Adiós ríos, Adiós fontes". Ademais o alumnado de Infantil recitou parte do poema "Alborada".

Poemas do alumnado de Educación Infantil

Poemas do alumnado de Educación Infantil

Alumnado de 5ºA e 6º de Infantil cos seus retratos.

Alumnado de 4º e 5ºB de Infantil cos seus retratos.

Alumnado de 1º e 2º de Primaria coas súas creacións.

Alumnado de 3º e 4º de Primaria cos seus retratos.

Alumnos de 4º e 5ºB de Infantil

Alumnado de 6º e 5ºA de Infantil

Alumnado de 1º e 2º de Primaria

Alumnado de 3º e 4º de Primaria

Alumnado de 5º e 6º de Primaria













martes, 2 de marzo de 2021

Zona de xestión!!

 Xa temos medio preparada a zona de xestión da nosa biblioteca. En breve o alumnado de terceiro ciclo xa poderá facer o préstamo acudindo á biblioteca a través do programa MEIGA.



lunes, 1 de marzo de 2021

Pirámides alimentarias

O alumnado de 3º e 4º, dentro do proxecto Pequechef, elaborarou unhas pirámides alimenticias moi orixinais coas que nos recordan o número óptimo de racións que se deben comer cada día de cada un dos grupos básicos de alimentos.