O
24 de febreiro celébrase o
día de Rosalía de Castro e este ano no cole fixemos un montón de actividades:
- Os alumnos/as de Infantil escribiron e decoraron un pequeno fragmento do poema "Alborada" e realizaron un retrato moi elegante da autora.
- O alumnado de 1ºe 2º de EP escribiu e ilustrou un fragmento do poema "Adiós ríos, Adiós fontes".
- O alumnado de 3º e 4º de EP decorou con moito colorido o retrato da autora. Ademais, a través da escritura do poema "Adiós ríos, Adiós fontes" foron perfilando o seu rostro ata quedar unha obra de arte realmente orixinal.
- O alumnado de 5º e 6º de EP traballaron con diferentes medios audiovisuais (Genially, presentacións, etc).
Por último, todos elaboramos a bandeira de Galicia co rostro de Rosalía que nos serviu de apoio para cantar o seu famoso poema "Adiós ríos, Adiós fontes". Ademais o alumnado de Infantil recitou parte do poema "Alborada".
 |
| Poemas do alumnado de Educación Infantil |
 |
Poemas do alumnado de Educación Infantil
|
 |
| Alumnado de 5ºA e 6º de Infantil cos seus retratos. |
 |
| Alumnado de 4º e 5ºB de Infantil cos seus retratos. |
 |
| Alumnado de 1º e 2º de Primaria coas súas creacións. |
 |
Alumnado de 3º e 4º de Primaria cos seus retratos.
|
 |
| Alumnos de 4º e 5ºB de Infantil |
 |
| Alumnado de 6º e 5ºA de Infantil |
 |
| Alumnado de 1º e 2º de Primaria |
 |
Alumnado de 3º e 4º de Primaria
|
 |
Alumnado de 5º e 6º de Primaria
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario