Para comezar a celebrar o Día da Muller os máis pequenos do cole deixaron a súa pegada nun novo mural do concello.
O alumnado de 3º e 4º realizou uns lapbooks ou solapeiras para coñecer mulleres pioneiras galegas empregando o libro con ese mesmo título "Pioneiras Galegas que abriron camiño"
O alumnado de 5º de EP tamén realizou uns lapbooks ou solapeiras para dar a coñecer diferentes musas cun potencial que non puideron desenvoler ou non lles foi recoñecido no seu momento. Empregaron o libro "El Despertar de las Musas"
O alumnado de Infantil traballou a igualdade co libro "Rosa y Azul" de Charo Pita.
Fixemos unha exposición con diferentes libros que temos na biblioteca que traballan a igualdade de xénero e/ou o empoderamento das mulleres.
Ademáis de todo isto, organizáronse debates, visionado de vídeos, actividades interactivas, etc.
Por último, pedímoslle a cada un dos nenos e nenas que pensaran quen son as mulleres da súa vida, as debuxaran (ou pegaran unha foto) e escribiran por que eran tan importantes. Pronto vos ensinaremos o resultado.
Ademias, nas clases de plástica traballouse a figura da muller en diferentes creacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario