miércoles, 17 de marzo de 2021

Mobiliario novo!!

 Seguimos traballando... Onte veu o carpinteiro a traernos as novas mesas da biblioteca. 

    Como podedes ver nas seguintes fotos son tres mesas  novas: nunha desas mesas estarán un par de dispositivos que poderán empregar os usuarios da biblioteca para buscar todo tipo de información e pola outra parte desa mesa atoparanse fondos dixitais (películas, documentais, xogos, programas informáticos...) que tamén estarán dispoñibles para préstamo.




Tamén montou un moble no recuncho infantil que se adicará aos máis pequenos do centro no que aínda faltan moitas cousiñas para estar completamente rematado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario