miércoles, 3 de junio de 2026
DÍA DO MEDIO AMBIENTE 2026
domingo, 31 de mayo de 2026
XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL
No noso colexio levamos a cabo unha interesante actividade de Educación Viaria en colaboración coa Garda Civil e Protección Civil.
Durante a xornada, a Garda Civil ofreceu unha charla ao alumnado sobre normas básicas de seguridade viaria, comportamento responsable na estrada e prevención de riscos. Ademais, tivemos a oportunidade de coñecer de preto un dos seus vehículos oficiais.
Por outra banda, Protección Civil organizou un circuíto práctico no que o alumnado puido poñer en práctica o aprendido utilizando os seus propios vehículos, como bicicletas ou patinetes, nun entorno seguro e adaptado.
Foi unha actividade moi dinámica e educativa que axudou a concienciar sobre a importancia da seguridade viaria desde idades temperás.
Podes ver as imaxes desta actividade clicando na fotografía:
domingo, 17 de mayo de 2026
PETISCOS DE GALICIA
En colaboración co EDLG e con motivo do Día das Letras Galegas participamos na actividade colaborativa con outros 34 centros de Galicia: PETISCOS DE GALICIA.
Todo o alumnado elaborou, coa axuda da familia, unha receita das dúas escollidas: Orellas de Entroido e Polbo á Feiras coas súas anécdotas e curiosidades. Posteriormente, seleccionáronse e graváronse as máis axeitadas para o podcasts.
miércoles, 13 de mayo de 2026
Visita á Ínsua dos Poetas
O venres pasado, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria desprazouse ata a Ínsua dos Poetas para participar na inauguración dun mural en honra a Ramón Otero Pedrayo.
Durante o acto, o alumnado do noso centro quixo renderlle homenaxe a Don Ramón recitando a regueifa preparada no transcurso deste curso, compartindo versos e palabras cargadas de emoción e admiración pola súa figura e legado. Ademais tamén amosaron o libro colaborativo sobre Ramón Otero Pedrayo explicando o seu proceso de elaboración desde a fase de investigación ata a fase final.
Unha experiencia moi especial para seguir achegándonos á nosa cultura e ás figuras máis importantes da literatura e da historia galega.
Podes ver as imaxes desta actividade na nosa galería clicando no mural de Don Ramón!
VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA NÓS
O pasado xoves, todo o alumnado e profesorado do centro desprazámonos ata a Biblioteca Pública de Ourense, a biblioteca Nós, para coñecer as súas instalacións e descubrir como funciona este espazo tan importante para a lectura e a cultura.
Ademais da visita, o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria participou nun divertido xogo de busca de pistas para coñecer mellor o entorno da biblioteca e os seus servizos.
Pola súa parte, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria foi recibido no IES Otero Pedrayo, onde puido visitar o seu museo e achegarse aínda máis polo miúdo á figura de Ramón Otero Pedrayo.
Podes ver as imaxes desta actividade clicando na seguinte fotografía:
jueves, 7 de mayo de 2026
BREAKOUTedu OTERO PEDRAYO
O alumnado participou nun BREAKOUTEDU (actividade de gamificación basada nos xogos de escape). Consistiu en completar unha misión resolvendo diferentes probas e enigmas relacionados coa vida e obra de Ramón Otero Pedrayo e a xeración Nós. Para resolver os restos plantexados tiñan qeu traballar en equipo e aplicar os coñecementos adquiridos ao longo do PDI; solo así poderían abrir a caixa pechada con candados e rematar con éxito o breakoutedu.
miércoles, 6 de mayo de 2026
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA CREATIVA
Con motivo do Día das Artes Galegas, dedicado este ano a José Suárez, fotógrafo natural de Allariz, desde a biblioteca do centro e dentro do programa de Bibliotecas Creativas, realizamos un Obradoiro de Fotografía Creativa.
A actividade foi impartida por Mark Ritchie, fotógrafo australiano afincado en Europa, quen guiou ao alumnado nunha experiencia artística moi especial. Cada neno e nena realizou unha fotografía simulando unha das súas afeccións e, posteriormente, decorouna con diferentes materiais plásticos e de refugallo, dando lugar a creacións únicas e moi persoais.
Unha proposta creativa que combinou arte, expresión e imaxinación.
Podes ver as imaxes desta actividade clicando nas seguintes fotografías:






.webp)






