miércoles, 26 de marzo de 2025

Día do teatro 2025

Hoxe celebramos o Día do Teatro e xa temos na porta da biblioteca do Faragullas unha selección de recursos para adentrarnos de cheo neste xénero literario.

jueves, 20 de marzo de 2025

DÍA DA POESÍA 2025

Hoxe conmemoramos o "Día da Poesía" e xa tedes na porta da biblioteca do Faragullas unha selección de recursos para adentrarvos neste máxco mundo.


miércoles, 19 de marzo de 2025

ACTIVIDADE DENTRO DO PROGRAMA DONAS DE SI

Este luns vivimos unha actividade moi especial no noso centro, onde tradición, arte e música uníronse para homenaxear ás cantareiras, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. Tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor Carlos Taboada, a ilustradora Tania Solla e a música Alba Faro, que nos ofreceron unha viaxe inesquecible pola nosa historia e tradición oral. Esta iniciativa promovida pola Consellería de Política Social e Igualdade foinos ofertada por estar participando no programa "Donas de si" impulsado por dita consellería dentro do Plan Proxecta.

Carlos explicounos quen foi Dorothé Schubarth e o seu labor de recuperación do canto tradicional galego, destacando o papel fundamental das mulleres que, a través da súa voz, mantiveron viva a nosa identidade. Alba acompañou esta viaxe con instrumentos tradicionais como a pandeireta, o pandeiro, as cunchas e mesmo unha lata de pementón, facendo soar a nosa música con forza e autenticidade. Mentres tanto, Tania plasmou a esencia das cantareiras nun lenzo que nos deixou como recordo para o centro, unha obra que simboliza o valor da nosa cultura e da transmisión do saber a través das xeracións.

Para rematar, Carlos ensinou a todo o alumnado a debuxar a súa propia pandereteira, un xeito perfecto de manter vivo este legado a través da creatividade.

Grazas de corazón a Carlos, Tania e Alba por compartir con nós esta experiencia tan enriquecedora e por axudarnos a dar visibilidade ao papel da muller na nosa cultura. Seguimos a celebrar a nosa historia, a nosa música e as voces que a fixeron posible!

Neste enlace tedes un pequeno vídeo (ENLACE) da actividade e se clicades na fotografía accederedes ás imaxes do día.

lunes, 17 de marzo de 2025

DÍA DO CÓMIC 2025

Hoxe celébrase o Día do Cómic e ao carón da porta da biblioteca do Faragullas xa temos unha selección de cómics para que poidades desfrutar. Ademais, tamén puxemos unha sección vintage grazas a algúns exemplares emprestados pola mestra Ana. Moitas grazas!

Por outra banda, tamén podedes ver os novos estantes que están no corredor da biblioteca: como se nos facía pequena, decidimos externalizar algúns recursos. Xa comezamos co recuncho violeta que está no patio de filas e aínda falta outra sorpesiña máis. Estade moi atentos!

SEMANA DA PRENSA

No marco da Semana da Prensa, un xornalista de "La Voz de Galicia" visitou o noso centro para explicar como se estrutura unha noticia e os seus elementos clave. O alumnado de 5º e 6º aprendeu sobre obxectividade, linguaxe clara e verificación das fontes.

Tras a explicación, puxeron en práctica os coñecementos redactando as súas propias noticias. A experiencia resultou moi enriquecedora, fomentando o pensamento crítico e a análise da información.

Tedes a galería de fotos clicando na seguinte imaxe:

sábado, 15 de marzo de 2025

AS NOVAS DO FARAGULLAS: 8M, DÍA DE ROSALÍA, SEMANA DA PRENSA

Neste mes de marzo, o noso colexio quere rendir un fermoso homenaxe a Rosalía de Castro, unha das figuras máis relevantes da nosa literatura e da loita pola igualdade de xénero. Con motivo do Día Internacional da Muller (8 de marzo) e da Semana da Prensa, creamos un periódico especial no que reflexionamos sobre estes temas.

Neste número, ademais de destacar a importancia de Rosalía no 8M, tamén incluímos un dos seus poemas de xeito ilustrado e compartimos a famosa receita do caldo de gloria, unha delicia da nosa gastronomía. Temos tamén entrevistas con músicas galegas contemporáneas, que nos falan de como é a súa vida e que que se adican.

Para aprender xogando, no periódico tamén atoparás pasatempos e curiosidades sobre a vida e obra de Rosalía que te sorprenderán. Todo isto nunha edición especial de "As novas do faragullas".

A igualdade e a cultura galega son as protagonistas.

Non deixes de ler a nosa edición especial (ENLACE)!

jueves, 13 de marzo de 2025

OBRADOIRO: PEDRAS DE PAPEL

Onte, o noso alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria gozou dun divertido obradoiro de creación de máscaras con papel no marco do programa Bibliotecas Creativas.

A través desta actividade, os nenos e nenas puideron dar renda solta á súa imaxinación, explorando diferentes cores, formas e texturas para dar vida ás súas propias creacións. Coas súas mans, tesoiras, pegamento e moita ilusión, transformaron sinxelos anacos de papel en auténticas obras de arte.

Neste enlace tedes un pequeno vídeo (ENLACE) resumo da actividade e se clicades na fotografía poderedes acceder a todas as imaxes do día: