martes, 31 de diciembre de 2024

Celebramos o Nadal

E xa case remata o ano... Esta foi a postal realizada para felicitar as festas a toda a comunidade educativa elaborada a partir de dúas fotos: unha coas creacións feitas polo alumnado e as súas familias de diferentes tipos de folerpas que adornan a entrada ao colexio e outra coa árbore de Nadal decorada con diferentes motivos relacionados co 50 aniversario do centro que tamén preside a entrada ao centro.

Este curso para festexar estas datas organizamos un minifestival de Nadal: 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria organizou cadansúa coreografía que representaron no patio interior. 

- A continuación, todo o centro bailou "A Danzo do Oso".

- Finalmente pasamos ao ximnasio para poñer en escea as diferentes actuacións organizadas pola mestra de música: 

  • O alumnado de 1º e 2º representou "Can can de Offenbach"
  • O alumnado de 3º e 4º representaou "Marcha Radetzsky"
  • Coas luces apagadas todo o centro interpretou a panxoliña "Folerpiña" (o alumnado do 3º ciclo tocaba percusión) cunha posta en escea impresionante na que todo o alumnado tiña luceciñas que ía movendo ao ritmo da canción.
Para rematar o trimestre, dirixímonos ao Campo do Souto para comer as 12 uvas acompañados por moitas familias e diferentes membros da comunidade educativa. Ademais volvimos bailar a Danza do Oso e cantamos Folerpiña. Foi algo diferente pero moi especial que xuntou a toda a comunidade educativa nun acto moi emotivo e divertido.

Se clicades na postal podedes acceder a todas as imaxes e vídeos da celebración:


FELIZ 2025!

jueves, 19 de diciembre de 2024

RECOMENDACIÓNS NADAL 2024

 Como cada curso deixámosvos unhas posibles lecturas moi interesantes para que poidades engadir na vosa carta a Papá Noel, aos Reis Magos ou ao Apalpador.

BOAS FESTAS!!


viernes, 13 de diciembre de 2024

Exposición Nadal

Aquí vos deixamos unha selección de libros relacionados co Nadal que podedes atopar diante da porta da biblioteca do Faragullas! Esperamos que vos gusten!!





martes, 3 de diciembre de 2024

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Hoxe, 3 de decembro é o día Internacional das Persoas con Discapacidade e desde a Biblioteca do Faragullas quixemos promover a súa inclusión e participación activa na sociedade cunha selección de lecturas moi interesantes para concienciar sobre a importancia destas persoas. Podedes consultalas todas ao carón da porta da nosa biblioteca.



viernes, 29 de noviembre de 2024

Celebración do 25N

Dende o centro comprometémonos cada día a educar na igualdade e no respeto, valores fundamentais para construír unha sociedade libre de violencia de xénero. Este 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O alumnado creou un cartel xigante co lema "O baúl da igualdade", simbolizando o compromiso colectivo de abrir novas posibilidades cara un futuro máis xusto. Este baúl contén valores, ideas e accións que, xuntos, podemos levar a cabo para fomentar a igualdade.
Ademais, disfrutamos de dúas emotivas actuacións musicais que puxeron voz e ritmo a esta importante causa. Os nosos artistas amosaron que a música pode ser unha poderosa ferramenta para sensibilizar e unir, transmitindo unha mensaxe de esperanza e forza. Nas diferentes aulas, tamén contriubiron a profundizar neste tema que tanto preocupa na sociedade actual a través de diferentes actividades.

Se clicades no baúl da igualdade accederedes a todas as imaxes e vídeos do día!













viernes, 22 de noviembre de 2024

20N: Día Internacional dos Dereitos do Neno e da Nena

O 20 de Novembro conmemoramos o Día dos Dereitos da Infancia e a Adolescencia xunto coa asociación Acougo, a cal nos propuxo vir en pixama ao cole para representar o momento da intimidade familiar á hora de ir a durmir nun fogar calquera. Pretendíase con esta iniciativa, en palabras da propia asociación, facer énfase na importancia do Acollemento Familiar para garantir o dereito de vivir en familia dos nenos e nenas que, aqueles que viven en centros, non teñen cumprido.


Tamén se levaron a cabo actividades de sensibilización nas aulas así como unha intervención no centro por parte da propia asociación.


Se clicades na imaxe accederedes a algunhas fotos do día!

EXPOSICIÓN 25N


Xa temos preparada a exposición do 25N para que poidades descubrir novos libros relacionados co tema.

O luns conmemoraremos este día dunha maneira moi especial.

 Vémonos o luns!!