lunes, 12 de abril de 2021

UNHA ÁRBORE MEDRA NA BIBIOTECA!!

A árbore dos libros medra na biblioteca do Faragullas. As profes Cris e Katy encargáronse de debuxala e agora tócanos a todos rematala. Xa veredes que chula vai quedar!!!!







miércoles, 7 de abril de 2021

Seguimos traballando!!

 Xa comezamos a colocar a zona de 1º ciclo de EP... e unha árbore está a piques de medrar no recanto de Infantil. Seguide atentos....




martes, 30 de marzo de 2021

Reportaxe en "La Región"

O mércores 24 de marzo saímos no Xornal Escolar da Región, que fixo unha reportaxe sobre o noso cole, onde destaca os proxectos e programas nos que estamos inmersos durante este curso, entre eles o PLAMBE.



jueves, 25 de marzo de 2021

LIKES AND DISLIKES!

O alumnado de 3º contounos, en inglés, cales son as súas preferencias á hora do xantar dentro do noso proxecto PEQUECHEF








lunes, 22 de marzo de 2021

AS MULLERES DA MIÑA VIDA!!

Por fin podemos presentarvos ás mulleres máis importantes da vida do noso alumnado. Cada un escribiu sobre unha ou varias mulleres da súa vida. 

O resultado final estará a disposición de todos na biblioteca do Faragullas cando xa por fin, estea rematada. 

Deixámovos un pequeno adianto desexando que vos guste.



Pequechef: Os alimentos

 O alumnado de Educación Infantil, está a traballar a reo no proxecto PEQUECHEF. Aquí vos deixamos algúns traballiños feitos por eles:





















miércoles, 17 de marzo de 2021

Mobiliario novo!!

 Seguimos traballando... Onte veu o carpinteiro a traernos as novas mesas da biblioteca. 

    Como podedes ver nas seguintes fotos son tres mesas  novas: nunha desas mesas estarán un par de dispositivos que poderán empregar os usuarios da biblioteca para buscar todo tipo de información e pola outra parte desa mesa atoparanse fondos dixitais (películas, documentais, xogos, programas informáticos...) que tamén estarán dispoñibles para préstamo.




Tamén montou un moble no recuncho infantil que se adicará aos máis pequenos do centro no que aínda faltan moitas cousiñas para estar completamente rematado.