O alumnado de 6º de Primaria, na materia Proxecto Competencial, fixo unha recompilación cos xogos de mesa do centro.
Premede na imaxe para acceder á información.
O alumnado de 6º de Primaria, na materia Proxecto Competencial, fixo unha recompilación cos xogos de mesa do centro.
Premede na imaxe para acceder á información.
Dentro das actividades de Samaín e coordinado polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega elaboraouse o libro "Galicia Máxica": cada curso elixiu un ser mitolóxico galego para facer unha pequena investigación e completar unha páxina do libro cooperativo que xa está na biblioteca do Faragullas para que poidades consultar.
Grazas a todos polo gran traballo realizado!
O 3 de decembro celebramos o Día da Diversidade Funcional, cunha sesión de contacontos a cargo do alumnado de 5º e 6º de Primaria. Estes foron os contos escollidos!
Premede na imaxe para acceder á información!
Un dos contos narrámolo coa técnica do kamishibai, novidade na nosa biblioteca.
Aquí vos deixamos a presentación!
Como xa sabedes, duurante o mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca do Faragullas, unha proposta para espertar a curiosidade científica do alumnado a través da experimentación e o xogo.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, que forma parte do equipo de colaboradores da biblioteca, foi o encargado de preparar e explicar diferentes experimentos ao resto dos compañeiros e compañeiras durante os recreos.
Unha experiencia enriquecedora na que compartiron coñecementos, asumiron responsabilidades e, sobre todo, fixeron que a ciencia fose divertida e accesible para todos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo:
Dentro das actividades programadas polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria participou nun obradoiro coa visita dunha psicóloga do Centro de Información á Muller de Santa Águeda.
Durante a sesión, traballamos arredor do conto "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa", unha historia que axuda a identificar sinais de violencia e a poñer en valor o respecto, a autoestima e a importancia de pedir axuda.