miércoles, 3 de diciembre de 2025

RESUMO DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Como xa sabedes, duurante o mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego na Biblioteca do Faragullas, unha proposta para espertar a curiosidade científica do alumnado a través da experimentación e o xogo.

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, que forma parte do equipo de colaboradores da biblioteca, foi o encargado de preparar e explicar diferentes experimentos ao resto dos compañeiros e compañeiras durante os recreos.

Unha experiencia enriquecedora na que compartiron coñecementos, asumiron responsabilidades e, sobre todo, fixeron que a ciencia fose divertida e accesible para todos. Aquí vos deixamos un pequeno resumo:

Se facedes click na seguinte imaxe accederedes a algunhas das fotos da actividade:

BO NADAL!

Xa temos dispoñible no corredor da biblioteca a exposición de Nadal dos fondos da biblitoeca 

lunes, 1 de diciembre de 2025

Obradoiro de Nadal: debuxa ao Apalpador paso a paso

Este mes de decembro e como o Nadal xa chama á porta, podes vir no lecer á biblioteca a debuxar paso a paso ao Apalpador. Anímate! Esperámoste!

viernes, 28 de noviembre de 2025

OBRADOIRO CIM: PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE SE LLEVÓ SU SONRISA

Dentro das actividades programadas polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria participou nun obradoiro coa visita dunha psicóloga do Centro de Información á Muller de Santa Águeda.

 Durante a sesión, traballamos arredor do conto "Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa", unha historia que axuda a identificar sinais de violencia e a poñer en valor o respecto, a autoestima e a importancia de pedir axuda.

martes, 25 de noviembre de 2025

25N

Hoxe conmemoramos o 25N cunha actividade conxunta e reflexiva. Cada aula traballou individualmente este día tan significativo, afondando no significado da igualdade, o respecto e a loita contra a violencia de xénero.

Como acción común, elaboramos tarxetas con mensaxes de apoio, respecto e tolerancia, que foron empregadas para construír un mural colaborativo con forma de corazón.

"Para nós, para as que virán, para as que xa non están."

Podes ver o resultado e o proceso desta actividade clicando nas seguintes imaxes!


O alumnado de 5º e 6º fixemos unha adaptación ilustrada do conto Non me arrepinto pertencente ao libro El futuro es femenino: Cuentos para que juntas cambiemos el mundo.

O alumnado de 1º e 2º de EP traballou o conto de "Arturo e Clementina" reflexionando sobre a situación de Clementina e o que lle dirían.


jueves, 13 de noviembre de 2025

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS!

Desde a Biblioteca do Faragullas, sumámonos a esta iniciativa e en colaboración co alumnado voluntario de 5º e 6º organizamos unha serie de experimentos para levar a cabo nos leceres deste mes.

Todo o alumnado de Primaria poderá acudir a biblioteca no lecer para desfrutar dos experimentos escollidos para celebrar este mes. 

O alumnado de infantil terá unha sesión especial co alumnado voluntario ao remate do mes para que poidan gozar tamén da ciencia en galego na biblioteca.

martes, 4 de noviembre de 2025

PUNTO LARANXA

O alumnado de sexto de Primaria, fixo un traballo moi interesante sobre a loita contra o bullying. 

No corredor ao carón da súa aula amosáronnos os seus resultados acompañdos dunha seleccion de libros acerca deste tema que podemos encontrar na biblioteca do Faragullas. 

Ademais tamén nos recordan a importancia de non quedarse calado e anímannos a empregar o punto laranxa do centro ante unha situación de acoso.


PARABÉNS POLO TRABALLO REALIZADO!