viernes, 17 de octubre de 2025

DÍA DAS ESCRITORAS

Con motivo do Día das Escritoras, o equipo de biblioteca organizou un obradoiro 
moi especial por ciclos na biblioteca do Faragullas. 

Durante cada sesión, coñecemos mellor ás escritoras que temos nos fondos da nosa biblioteca, descubrindo as súas obras e aprendendo máis sobre as súas vidas e contribucións. Un xeito enriquecedor de celebrar a lectura e a igualdade a través da palabra escrita.

En Educación Infantil organizouse a actividade "Coñecendo a Paula Carballeira": Traballaron o conto "Paco"da escritora galega. Cada neno/a tiña que escalar polas espaldeiras do ximnasio para conseguir unha letra e así poder construír o nome da escritora e o título do conto debaixo da súa foto. Posteriormente e facendo honor ao seu apelido, contaron o conto na carbelleira que hai no cole. 😍😍

En 1º ciclo 

En 2º e 3º ciclo, a actividade consistiu nun xogo cooperativo no cal tiñan que atopar libros e as autoras dos mesmos a partir dunha pequena ficha con pistas para encontralos. Pasárono moi ben investigando sobre as escritoras!
Clicando na última fotografía, accederedes a todas as imaxes do día.

viernes, 3 de octubre de 2025

COLABORADORES VOLUNTARIOS

 Neste curso case a totalidade do alumnado de 5º e 6º prestouse voluntario como colaborador na biblioteca do Faragullas. Organizáronse os leceres por quendas de dous e en cada recreo acoden á biblioteca para colaborar con diferentes tarefas relacionadas coa biblioteca!!

MOITÍSIMAS GRAZAS RAPAZADA!👏👏👏


martes, 30 de septiembre de 2025

lunes, 22 de septiembre de 2025

FORMACIÓN USUARIOS PRIMEIRO E SEGUNDO CICLO

Esta semana levarase a cabo a formación de usuarios para primeiro e segundo ciclo. 

Así, todo o alumnado de Primaria e todo o profesorado terá as nocións necesarias para facer un uso responsable da nosa biblioteca. 

Aquí vos deixamos os enlaces as dúas presentacións:

PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA (1º CICLO) 


TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA (2º CICLO)


VISITA DO ILUSTRADOR CRISTIAN F. CARUNCHO

Hoxe tivemos o pracer de contar co ilustrador de banda deseñada Cristian F. Caruncho que nos veu presentar o seu novo libro Saínza, a punkiereteiraAdemais, organizou un obradoiro creativo moi divertido no que todos debuxamos a Saínza e algunha personaxe máis do libro. 

Aquí vos deixamos a presentación elaborada pola mestra Ana do equipo de biblioteca para presentar a este gran ilustrador: 

GRAZAS CRISTIAN!👏👏👏

Se clicades na portada do seu libro, accederedes ás fotos do día!!

sábado, 20 de septiembre de 2025

VISITA Á CASA MUSEO RAMÓN OTERO PEDRAYO E CONTACONTOS CON ANXO MOURE

Onte, fixemos unha saída á Casa Museo Otero Pedrayo, onde gozamos dunha xornada chea de cultura e diversión.

Visitamos a casa de Don Ramón e Andrea contounos moitas cousas sobre el e a súa vida en Cima de Vila. Quedáronnos moitas cousas por saber que iremos pescudando pouco a pouco ao longo deste curso porque o noso PDI deste ano estará centrado en Ramón Otero Pedrayo, xa que, o 2026 será ANO OTERIANO.

Ademais, desfrutamos dunha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure, que nos atrapou coas súas historias e a súa maneira tan especial de comunicar, tamén o pasamos en grande con diferentes xogos nos espazos da Casa Museo.

Se clicades na imaxe accederedes a todas as fotos do día:

jueves, 18 de septiembre de 2025

PRESENTACIÓN BIBLIOTECA PARA O CLAUSTRO

Se clicades na imaxe accederedes á presentación elaborada polo equipo de biblioteca para dar a coñecer a Biblioteca do Faragullas a todo o claustro e, en especial, aos novos mestres e mestras.