Con motivo do Día das Escritoras, o equipo de biblioteca organizou un obradoiro 
moi especial por ciclos na biblioteca do Faragullas. 
Durante cada sesión, coñecemos mellor ás
 escritoras que temos nos fondos da nosa biblioteca, descubrindo as súas
 obras e aprendendo máis sobre as súas vidas e contribucións. Un xeito 
enriquecedor de celebrar a lectura e a igualdade a través da palabra 
escrita.
En Educación Infantil organizouse a actividade "Coñecendo a Paula Carballeira": Traballaron o conto "Paco"da escritora galega. Cada neno/a tiña que escalar polas espaldeiras do ximnasio para conseguir unha letra e así poder construír o nome da escritora e o título do conto debaixo da súa foto. Posteriormente e facendo honor ao seu apelido, contaron o conto na carbelleira que hai no cole. 😍😍
En 2º e 3º ciclo, a actividade consistiu nun xogo cooperativo no cal tiñan que atopar libros e as autoras dos mesmos a partir dunha pequena ficha con pistas para encontralos. Pasárono moi ben investigando sobre as escritoras!










 
No hay comentarios:
Publicar un comentario