martes, 16 de septiembre de 2025

OBRADOIRO APÍCOLA

Hoxe, o noso alumnado participou nunha actividade moi especial da man da Agrupación Apícola de Galicia. Durante a xornada, puideron aprender como é a vida das abellas, cal é o seu papel fundamental no ecosistema e como se produce o mel.🐝🐝

Ademais de aprender, tamén houbo tempo para experimentar: elaboraron candeas artesás con cera de abella e degustaron diferentes tipos de mel. Ademais, tamén nos agasallaron cun hotel para insectos.😍😍

Unha actividade moi doce e enriquecedora que espertou o interese e a curiosidade do noso alumnado. 👏👏


lunes, 15 de septiembre de 2025

FORMACIÓN TERCEIRO CICLO (CONTRATO COLABORADORES)

O venres pasado levouse a cabo a formación do terceiro ciclo de Educación Primaria. 

Se clicades na imaxe accederedes á presentación empregada.

Tamén vos deixamos aquí o contrato que teredes que firmar se queredes ser colaboradores voluntarios da biblioteca do Faragullas. 
ANIMÁDEVOS!!😉😉

martes, 9 de septiembre de 2025

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2025-2026

Xa estamos de volta na Biblioteca do Faragullas neste curso 2025-2026. 🎉🎉 

Neste primeiro mes faremos as formacións de usuarios para todo o alumnado de primaria; así, a partir de outubro, comezaremos a ir alomenos unha sesión á semana e xa saberemos onde están os libros que podemos coller e como debemos colocalos.


Tamén comezan a súa andaina os BIBLIOPATIOS, este curso aumentamos a dous carriños. Esperamos que vos gusten!!!


Por último, recordamos normas da Biblioteca do Faragullas.

viernes, 20 de junio de 2025

RECORDOS DO PDI

 Para rematar este curso cheo de lembranzas e de emocións, elaboramos uns pequenos recordos:

 - Chaveiros de mini Faragullas feitos coa impresora 3D

- Chapas conmemorativas empegando a máquina de chapas.

- Imán do cole de Amoeiro feito coa cortadora láser.



jueves, 19 de junio de 2025

EXPOSICIÓNS FINAIS

 Para rematar o curso, organizamos dúas exposicións: unha a cada lado do corredor:
- Ao lado da porta da biblioteca organizamos os fondos máis emprestados ao longo do curso.
-Ao lado do taboleiro eleximos unha lecturas refrescantes para o verán.
-Ademais, pronto vos deixaremos por aquí as recomendacións lectoras para verán que xa vistes co guión  para o festival de fin de curso.

martes, 17 de junio de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA

Aquí temos un bo resumo das creacións feitas pola Biblioteca Creativa en colaboración cos Polos Creativos:
1. Coa axuda da impresora 3D estamos actualizando a sinalización da biblioteca en relación coa CDU.
2. Coa cortadora láser elaboramos a árbore da paz que posteriormente decorou todo o alumnado do centro cos seus mellores desexos.
3. Para Nadal, elaboramos uns bonitos adornos coa cortadora láser que despois se encargou de pintar todo o alumnado.
4. Agasallamos a todo o alumnado e profesorado, con chaveiros de Pascua feitos coa impresora 3D.
5. Para a actividade "Danza na Praza" organizada para celebrar o día das Letras Galegas entre varios centros da provincia, elaboráronse pandeiretas conmemorativas que portou todo o alumnado e profesorado.
6. O photocall do Entroido foi feito coa axuda da cortadora láser.
7. Estrenamos a mesa de sonido do kit da radio coa visita do profesorado e alumnado antigo para a realización das entrevistas.
8. Os agasallos para os gañadores do concurso do logo do cole foron:
- Unha copa feita coa impresora 3D
- Unha libretiña grabada co seu logo e o seu nome na portada coa cortadora láser.