BIBLIOTECA CREATIVA
Aquí temos un bo resumo das creacións feitas pola Biblioteca Creativa en colaboración cos Polos Creativos:
1. Coa axuda da impresora 3D estamos actualizando a sinalización da biblioteca en relación coa CDU.
2. Coa cortadora láser elaboramos a árbore da paz que posteriormente decorou todo o alumnado do centro cos seus mellores desexos.
3. Para Nadal, elaboramos uns bonitos adornos coa cortadora láser que despois se encargou de pintar todo o alumnado.
4. Agasallamos a todo o alumnado e profesorado, con chaveiros de Pascua feitos coa impresora 3D.
5. Para a actividade "Danza na Praza" organizada para celebrar o día das Letras Galegas entre varios centros da provincia, elaboráronse pandeiretas conmemorativas que portou todo o alumnado e profesorado.
6. O photocall do Entroido foi feito coa axuda da cortadora láser.
7. Estrenamos a mesa de sonido do kit da radio coa visita do profesorado e alumnado antigo para a realización das entrevistas.
8. Os agasallos para os gañadores do concurso do logo do cole foron:
- Unha copa feita coa impresora 3D
- Unha libretiña grabada co seu logo e o seu nome na portada coa cortadora láser.

No hay comentarios:
Publicar un comentario