lunes, 17 de febrero de 2025

Día da muller e a nena na ciencia 2025 . Obradoiro Cibervoluntarios

 Esta semana, o alumnado de 2º e 3º ciclo participou, dentro das actividades desenvolvidas con motivo do día da muller e a nena na ciencia, nun obradoiro baseado no programa #DeMayorQuieroSer da Fundación Cibervoluntarios. A través de retos interactivos, exploraron como a Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñaría, a Arte e as Matemáticas (STEAM) poden cambiar o mundo.

martes, 11 de febrero de 2025

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2025

Hoxe celebramos o día da muller e a nena na ciencia e xa tedes preparada unha pequena mostra de fondos que podedes atopar na biblioteca sobre diferentes mulleres e nenas científicas. Ademais o alumnado de 5º de primaria organizou un panal composto por datos moi interesantes de diferentes mulleres científicas galegas. 

Un gran traballo de investigación!!

Para conmemoralo hoxe tivemos a visita da Asociación As Curuxas que, durante as sesións realizadas cos diferentes ciclos,  nos mergullaron nas vidas e nos logros de diferentes mulleres científicas que, a pesar das dificultades conseguiron deixar unha pegada imborrable no mundo da ciencia. 

Se clicades na última imaxe accederedes ás fotografías do día.

lunes, 3 de febrero de 2025

PATIO DAS FILAS

Como xa fomos contando noutros post, o patio de filas reconverteuse nunha extensión da bibioteca que se empregará fundamentalmente nos leceres de chuvia pero tamén co mestre-titor. Temos ao lado da porta do ximnasio, a ludoteca que conta cunha selección de xogos moi ampla e todas as materias. Na cima dos dous tramos de escaleira uns bancos con pinturas para desenvolver a nosa creativadade. No lateral están o Recuncho Violeta e o Recuncho de xogos de construcción e por último a carón da ventá do comedor, temos unha selección de xogos máis dinámicos.







sábado, 1 de febrero de 2025

AS NOSAS CANTIGAS. LETRAS GALEGAS 2025

 O alumnado de 6º de educación Primaria vainos a presentar unha actividade programada para o Día das Letras Galegas na que imos a participar toda a comunidade educativa. Para isto fixeron un vídeo no que nos contan a quen se adica este ano esta celebración así como a idea que tivemos para facer na casa.

viernes, 31 de enero de 2025

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ 2025

Este xoves día 30 celebramos no cole o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Con este motivo os nenos e nenas colocaron as súas follas e desexos na nosa árbore da paz e crearon un mural nas clases de plástica. Os mestres e mestras traballaron que é a paz para cada un de nós nas aulas e, coas aportacións de todos e todas creamos unha canción para conmemorar este día.
Podedes ver as imaxes e o vídeo da canción facendo click na fotografía:

domingo, 26 de enero de 2025

Día da Ilustración 2025

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa   Asociación de Profesionais da Ilustración . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano por primeira vez, o día da Ilustración vai adicado a un autor en vida: Xosé Vizoso: deseñador e ceramista en Sargadelos, cartelista, muralista e ilustrador de libros. A súa obra destaca polo seu poderío visual e a profunda raigama coa imaxinería e a cultura tradicional galega.

Na porta da biblioteca podedes atopar unha pequena exposición adicada a este día organizada pola aula de 5º de EP. Moitas grazas por facernos partícipes do voso traballo e deste día.