Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración . Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano por primeira vez, o día da Ilustración vai adicado a un autor en vida: Xosé Vizoso: deseñador e ceramista en Sargadelos, cartelista, muralista e ilustrador de libros. A súa obra destaca polo seu poderío visual e a profunda raigama coa imaxinería e a cultura tradicional galega.
Na porta da biblioteca podedes atopar unha pequena exposición adicada a este día organizada pola aula de 5º de EP. Moitas grazas por facernos partícipes do voso traballo e deste día.




No hay comentarios:
Publicar un comentario