jueves, 23 de noviembre de 2023
FACEMOS NEVE!!
martes, 21 de noviembre de 2023
25-N Actividade desenvolvida polo CIM
Hoxe tivemos a visita de dúas representates do CIM (Centro de Información ás Mulleres) da comunidade de Santa Águeda para levar a cabo unha actividade por mor do 25N.
Nela participaron os alumnos e alumnas do primeiro ciclo de EP. Primeiro leron o documento "Nin un biquiño á forza" que casualmente tamén é o libro que estamos a traballar en todos os cursos do centro (infantil e primaria) durante esta semana para traballar sobre o día contra a violencia contra a muller.
A continuación fixeron varias actividades coa rapazada encamiñadas a concienciar sobre o tema que nos ocupa ademáis de tamén previr posibles abusos ou maltrato infantil.
Grazas por visitarnos!!
miércoles, 15 de noviembre de 2023
TRABALLAMOS POLO MAGOSTO
Para celebrar o Magosto no cole o día 10 fixemos as xa tradicionais carreiras de San Martiño que debido ao tempo tivemos que realizalas no pavillón. A continuación todos xuntos cantamos e bailamos " A canción do Magosto" de 13 Lúas antes de pasar a unha rolda de xogos populares das que todos gozamos moito. Se clicades na foto, poderedes acceder a todas as fotos do día. 😀
Ademáis as diferentes clases traballaron a reo durante toda a semana con diferentes creacións moi orixinais e tradicionais para festexar esta data 🎉🎉. Aquí vos deixamos as fotografías.
martes, 14 de noviembre de 2023
ESTANTES NOVOS E ACTUALIZACIÓN DA SINALIZACIÓN NA BIBLIOTECA
O mes pasado chegaron os estantes altos que necesitábamos para rematar de amoblar a parede que está á dereita da porta. Así, cambiáronse os mobles baixos nos que estaban os recursos de inglés (infantil e 1º ciclo) e os de galego (1º ciclo) por uns estantes altos.
Nestes novos estantes temos centralizados nunha columna completa de andeis, os fondos en inglés (á dereita) e en dúas columnas completas á esquerda, os fondos de banda deseñada para todos os cursos. Na parte superior central temos todos os fondos catalogados dentro da CDU 5 (Matemáticas. Ciencias Naturais) e na parte inferior os recursos destinados ao primeiro ciclo de primaria.
Deste xeito, ao quitar inglés e banda deseñada para o 2º e 3º ciclo dos outros estantes, queda máis espazo tanto para estos ciclos como para as seccións de fondos informativos que se atopan nesa parede que tamén reubicamos ordenándoos de forma vertical en vez de horizontal quedando máis visibles as diferentes seccións.
Ademáis, cambiamos a sinalización das diferentes zonas para facilitar o acceso a todos os usuarios da biblioteca xa que, agora é moito máis fácil e funcional atopar os fondos que se precisen.
Estas dúas imaxes son da biblioteca como estaba antes e as seguintes amosan a biblioteca actual.
A desfrutala!
ANTES:
AGORA:
NOVA SINALIZACIÓN:
sábado, 11 de noviembre de 2023
Vídeos celebración Día Das Bibliotecas Escolares
Aquí vos deixamos os vídeos da celebración do día das Bibliotecas Escolares. A ver se sodes quen de adiviñar o conto antes de que remate cada conto.
Acordádevos que en lugar de dicir o nome do protagonista do conto (sería moi fácil de acertar) sempre din o nome de Faragullas.
1º PRIMARIA
2º PRIMARIA:
3º PRIMARIA
4º PRIMARIA
sábado, 4 de noviembre de 2023
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estase a impulsar a celebración no mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Na entrada á Biblioteca do Faragullas xa temos unha selección de libros en galego con temática cienfítica para que poidades desfrutar, aprender e experimentar con eles.
E desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares realizouse unha compilación de RECURSOS DIXITAIS RELACIONADOS COA CIENCIA EN GALEGO que podedes consultar na ligazón anterior.
viernes, 3 de noviembre de 2023
XORNAL ESCOLAR: UN MUSEO NO COLEXIO
O pasado mércores voltamos a saír na prensa. Desta volta, no Xornal Escolar que publica La Región onde aparece unha reportaxe do noso museo e a visita de Menchu Lamas e Antón Pulido a principios de outubro. Saíron todos moi guapos!!! 💓


























