lunes, 26 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO!!!

O día do libro tivemos con nós a Pablo Nogueira, autor de varios libros infantís como "A Banda de Raimnuna" ou "Nube Branca e o Pingüín Valentín".

Fixemos uns preciosos murais para decorar o lugar onde nos ía contar os contos e quedaron moi bonitos. Temos uns artistazos no cole. Grazas a todos eles por tan marabilloso traballo.

Pablo contoulle ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria o conto "Nube Branca Quere Ser Astronauta". Gustoulles moito!!

Ao alumnado de 3º a 6º de EP contoulles o conto "A Banda de Raimunda". Ao remate adicoulle unhas palabras e asinoulle nuns documentos que eles mesmos prepararan para a ocasión. Tamén nos asinou os exemplares dos seus contos que temos na biblioteca do Faragullas.

Moitas grazas Pablo!!























martes, 13 de abril de 2021

MENÚS

 O alumnado de segundo ciclo de Primaria, dentro do proxecto PEQUECFEF confeccionou uns menús, en inglés, para cadanseu restaurante. Aquí vos deixamos o resultado por se queredes probar algúns dos seus pratos.























lunes, 12 de abril de 2021

UNHA ÁRBORE MEDRA NA BIBIOTECA!!

A árbore dos libros medra na biblioteca do Faragullas. As profes Cris e Katy encargáronse de debuxala e agora tócanos a todos rematala. Xa veredes que chula vai quedar!!!!







miércoles, 7 de abril de 2021

Seguimos traballando!!

 Xa comezamos a colocar a zona de 1º ciclo de EP... e unha árbore está a piques de medrar no recanto de Infantil. Seguide atentos....