lunes, 26 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO!!!

O día do libro tivemos con nós a Pablo Nogueira, autor de varios libros infantís como "A Banda de Raimnuna" ou "Nube Branca e o Pingüín Valentín".

Fixemos uns preciosos murais para decorar o lugar onde nos ía contar os contos e quedaron moi bonitos. Temos uns artistazos no cole. Grazas a todos eles por tan marabilloso traballo.

Pablo contoulle ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria o conto "Nube Branca Quere Ser Astronauta". Gustoulles moito!!

Ao alumnado de 3º a 6º de EP contoulles o conto "A Banda de Raimunda". Ao remate adicoulle unhas palabras e asinoulle nuns documentos que eles mesmos prepararan para a ocasión. Tamén nos asinou os exemplares dos seus contos que temos na biblioteca do Faragullas.

Moitas grazas Pablo!!























No hay comentarios:

Publicar un comentario